AXUDA CONCELLO DE BARRO ¿Que é isto? - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 21 de junio de 2011

AXUDA CONCELLO DE BARRO ¿Que é isto?

Hola a tod@s, 

Un/unha persoa/ente ou non sabemos moi ben que é, mandounos esta nota para a súa publicación. A verdade e que entre a Festa do Viño e outras cousas, no tivemos moito tempo, pero tamén dubidamos de se darlle credibilidade a isto. Deixámosvos o mail íntegro que nos envían para que lle botedes unha ollada, e logo opinedes. A nosa particular opinión, e que se fan o que din, pode ser algo realmente novo, distinto e non visto ata agora no noso concello. Só nos queda agardar.Tamén nos solicitaron amizade no facebook e teñen exactamente o mesmo, e polo que vimos só queren amigos/as de Barro....Curioso sen dúbida.

MAIL:
" Querémos propoñer esta iniciativa ós veciños de Barro, que é a seguinte:

Moita xente a veces, por deixadez ou porqué non ten tempo, ten cousas que quere que o concello llas solucione, e ás voltas non o fai, evitao ou simplemente pasa do asunto.

Pois a idea que temos na cabeza con este enderezo de correo electrónico é precisamente facerlle chegar sempre ó concello as peticións dos veciños, as inquedanzas, e suxestións que se queiran trasladar ó Concello de Barro.

Pretendemos que sexa unha nova maneira de facer cousas, e sempre o faremos buscando a máxima difusión.


Non queremos facer política, nin o pretendemos, só queremos enviar mails de peticións ó Concello as veces que fagan falla, e que nos den unha resposta.

Cando algunha persoa desexe facer algunha petición ó Concello, deberá remitirnos o seu nome, o seu enderezo e o problema que ten.

E esa resposta que nos remita o Concello coa solución á demanda que plantexa, publicarémola no noso perfil de facebook, dende onde xa vos pedimos amizade.

Tamén queremos deixar claro, que non temos que ver nada co Concello nin con ningún grupo político do Concello e que non aceptaremos peticións de ningún dos tres que hai no concello, PP, BNG e PSOE. Non queremos facer política, queremos solucións ós problemas que haxa en Barro. Moitas Grazas"

Axuda que te axudo
axudaconcello@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario