Cata-degustación da cervexa artesá SARAMAGAL( AGUDELO) promovida a través de fondos Leader. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 23 de junio de 2011

Cata-degustación da cervexa artesá SARAMAGAL( AGUDELO) promovida a través de fondos Leader.

Cata - degustación da cervexa artesá SARAMAGAL (de AGUDELO) promovida a través de fondos Leader.

Este acto para socios do GDR terá lugar o día 28 de xuño na cafetería do Pazo da Cultura de Pontevedra ao remate da Asemblea Xeral Ordinaria do GDR Pontevedra - Morrazo, que será ese mesmo día ás 20.00 horas.

Dentro deste grupo de traballo encóntrase o Concello de Barro, e apoiaron a iniciativa de creación da cervexa artesá SARAMAGAL (de AGUDELO). O promotor da iniciativa foi Bieron Agudelo SL, cuxo administrador é Marta Fontan Cabada.

Cun orzamento de 19.455,57 € o GDR Leader, aproboulle unha axuda de 7.295,84 €. Dita axuda tivo por obxecto a reforma e adaptación dun inmoble destinado á creación creación dunha adega artesanal de cervexa, e dotación do equipamento necesario para optimizar ata niveis rendibles a capacidade produtiva e garantir un procesado de volume continuo e uniforme.

Trátase dunha sociedade de recente creación, pero sen ter iniciada a súa actividade empresarial agás na fase exclusivamente de aprendizaxe e posta a punto experimental do seu proceso produtivo, e que presenta como obxeto social principal: elaboración, embotellado e comercialización de cervexa artesanal baixo a marca distintiva "Saramagal".

Máis información da empresa na sua web, http://saramagal.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario