Cultura: A consellería de Cultura e Turismo destina 300.000 euros para a concesión de axudas a asociacións e institucións que realicen actividades culturais. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 13 de junio de 2011

Cultura: A consellería de Cultura e Turismo destina 300.000 euros para a concesión de axudas a asociacións e institucións que realicen actividades culturais.

A Consellería de Cultura e Turismo destina 300.000 euros para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolven as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais. Este importe inicial pode ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, o que podería dar lugar á concesión de máis subvencións. Inclúense nesta orde os programas e actividades desenvolvidos desde o 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de marzo de 2012.

Para os efectos desta convocatoria, enténdese por programas ou actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura en Galicia. Poderán optar a estas subvencións as fundacións, entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro que realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e que desenvolvan as súas actividades habitualmente na nosa Comunidade Autónoma.

Os que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes contado a partir do día de mañá.As entidades interesadas deberán presentar unha memoria, o máis detallada posible, relativa ao programa ou actividade, que deberá incluír: a contribución ao fomento e difusión da cultura e da lingua galega; o potencial número de beneficiarios do programa ou actividade; a repercusión territorial do programa; o calendario de execución do mesmo; o orzamento desagregado; e un breve resumo das actividades culturais levadas a cabo durante os dous últimos anos. Voluntariamente poderá achegarse calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que sexa pertinente para a mellor valoración do programa presentado.


Máis información en www.xunta.es no DOG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario