BARRO: O Consello de Zona Pontevedra Norte-Rías Baixas analizou as propostas do plan de desenvolvemento rural e os investimentos previstos - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 12 de julio de 2011

BARRO: O Consello de Zona Pontevedra Norte-Rías Baixas analizou as propostas do plan de desenvolvemento rural e os investimentos previstos

O director xeral de Desenvolvemento Rural –e director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural–, Antonio Crespo Iglesias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, copresidiron esta tarde o  Consello de Zona de Pontevedra Norte e Rías Baixas, enmarcado no Programa de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) 2010-2014. Esta xuntanza, celebrada no Centro Comarcal do Deza, tivo como finalidade estudar as propostas presentadas no proceso de participación pública realizado durante todo o mes de marzo e analizar a versión preliminar do plan de zona, que suporá un investimento de máis de 11,5 millóns de euros. 

A maior parte deste investimento estará cofinanciado a partes iguais entre a Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado e distribuirase entre distintas actuacións, que abarcan ámbitos como a dinamización e a promoción turística, con máis de 4,5 millóns de euros; saneamentos e abastecementos, para os que se prevé destinar preto de 2,5 millóns de euros, e máis de 1,5 millóns de euros destinaranse á mellora dos servizos sociais. 

Entre as actuacións, destaca a construción do Laboratorio de Mouriscade, para dar servizos aos gandeiros e agricultores galegos, con máis de 2 millóns de euros de investimento previsto. Neste proxecto colaborará a Deputación de Pontevedra.

Proposta ao Ministerio
Dentro das propostas que a Xunta de Galicia formula ao Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (MARM), no marco das actuacións financiadas integramente polo Goberno central, figura a realización de melloras no Mercado Gandeiro Semanal de Silleda, con máis de 600.000 euros de investimento previsto, así como as melloras de sinalización dos camiños de Santiago, tanto na “Ruta da Plata”, como nos camiños de inverno, cunha dotación de algo máis de 160.000 euros.

A zona
A zona de Pontevedra Norte- Rías Baixas abrangue os concellos das comarcas de Deza- Tabeirós, Caldas e Salnés e os municipios da Estrada e Barro, que de conformidade co PDRS 2010-2014 están representados por tres alcaldes designados pola FEGAMP, organismo que neste caso designou aos alcaldes da Estrada, Illa de Arousa e Viladecruces, como representantes da zona. Ademais o presidente do GDR Terras do Deza, asistiu en representación dos GDRs Terras do Deza, o Ulla-Umia-Lérez, Morrazo e Salnés. Estiveron presentes tamén representantes das distintas consellerías e abrirase á participación dos distintos entes representativos da zona.

Máis de 170 millóns en toda Galicia
O financiamento de todos os plans de zona previstos en Galicia suporá un investimento público de máis de 170 millóns de euros, que se reparten entre as diferentes áreas en función duns criterios preestablecidos que atenden á prioridade, o que fai que se destine practicamente a metade dos recursos a zonas a revitalizar de prioridade 1, criterios que se establecen na Lei 45/2007 de desenvolvemento sostible do medio rural e que, en Galicia, delimita 12 zonas, co obxectivo de cubrir a maior parte do territorio co maior nivel de prioridade. O mapa definitivo foi aprobado polo Consello da Xunta en marzo de 2010. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario