Hernández anuncia que a área recreativa do río Barosa estará a disposición dos veciños de Barro desde o vindeiro mes de agosto - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 15 de julio de 2011

Hernández anuncia que a área recreativa do río Barosa estará a disposición dos veciños de Barro desde o vindeiro mes de agosto

As obras de acondicionamento das marxes do río Barosa, no concello pontevedrés de Barro, estarán rematadas parcialmente na primeira quincena do mes de agosto, segundo informou hoxe o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, durante unha visita ás obras. O Goberno galego inviste preto de 700.000 euros para levar a cabo esta actuación.

Nestes momentos xa está rematada a execución do parque e a senda ata a nova ponte polo que, coa entrega parcial das obras, os veciños de Barro poderán gozar da contorna deste río, na que se realizou o acondicionamento das súas marxes para o seu uso recreativo, educativo, mellora ambiental e dotacional. O remate deste proxecto prevese para o mes de outubro, cando se finalice a execución da ponte e o miradoiro.

Concretamente, as obras consisten na mellora do camiño agrícola coa retirada do paso existente (prexudicial no caso de enchentes) e a súa substitución cunha nova ponte de 9,8 metros de ancho, o cambio da pasarela de madeira existente augas arriba, e o fresado e capa de rodadura do viario existente de acceso aos muíños e aparcadoiros.

Tamén acometeuse o acondicionamento dunha superficie duns 32.300 metros cadrados nas marxes do río, zonas axardinadas recreativas, infantís e biosaudables, dous miradoiros, máis de 3.000 metros cadrados de sendas peonís cunha anchura de 2 a 3 metros, espazo dotacional reservado para o seu uso futuro, así como dúas zonas reservadas para aparcadoiro.

Con esta obra preténdese que se beneficien non os máis de 3.500 habitantes de Barro, senón tamén os visitantes que se acheguen ao contorno fluvial. Ademais, conseguirase unha mellora ambiental que permitirá prever posibles inundacións.




No hay comentarios:

Publicar un comentario