A empresa GESCOGRA de Agudelo inicia os seus trámites para a instalación no polígono de Curro, Barro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 27 de agosto de 2011

A empresa GESCOGRA de Agudelo inicia os seus trámites para a instalación no polígono de Curro, Barro.


Na sección de urbanismo do Concello de Barro, estase a tramitar expediente de concesión de licencia para a apertura do establecemento de almacen e corte de pedra, situado no Parque empresarial BARRO-MEIS,  na Parcela B-06. Sector de Outeda-Curro (Barro).

A empresa de Agudelo, GESCOGRA, é a solicitante da tramitación de dito expediente. Pouco a pouco agardemos que o polígono de Barro, comece a ter forma e haxa moitas máis empresas, ata completalo.

Boa iniciativa a desta empresa, que aposta por seguir aquí, creando emprego(como hai pouco publicamos), e facéndoo en Barro, neste caso no novo polígono.

No hay comentarios:

Publicar un comentario