O Concello de Barro aproba a Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por tramitación de expediente administrativo conducente á obtención de Resolución/Acordo de Declaración de aplicación do réxime de situación de Fora de Ordenación. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 31 de agosto de 2011

O Concello de Barro aproba a Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por tramitación de expediente administrativo conducente á obtención de Resolución/Acordo de Declaración de aplicación do réxime de situación de Fora de Ordenación.

Aprobación inicial da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por tramitación de expediente administrativo conducente á obtención de Resolución/Acordo de Declaración de aplicación do réxime de situación de Fora de Ordenación.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o 28 de xullo de 2011, aprobou inicialmente a Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por tramitación de expediente administrativo conducente á obtención de Resolución/Acordo de Declaración de aplicación do réxime de situación de Fora de Ordenación, previsto na Disposición Transitoria Terceira da Lei 2/2010, de 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002 de 30 de decembro.

Cumprindo o disposto no artigo 17 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, exponse ao público o acordo e o expediente polo prazo de 30 dias, contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

No citado prazo, poderán examina-lo expediente na Secretaría do Concello de Barro e formula-las alegacións que coiden oportunas.

De non formularse reclamacións e segundo dispón o artigo citado, o acordo entenderase definitivamente adoptado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario