Primeira xornada de adestramento do BARRO CF e declaracións da directiva - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 19 de agosto de 2011

Primeira xornada de adestramento do BARRO CF e declaracións da directiva

Trala presentación do equipo o pasado martes en "Chan de Santos" o Barro C.F. comeza hoxe venres ás 21.15h. a pretempada co seu priemeiro día de entreno.
Tralas boas impresións transmitidas o martes, onde o Presidente presentou ós dous novos directivos, Suso e Santi, ó novo técnico Iñaki e ás novas caras do plantel, no cal houbo algunha ausencia por motivos laborais; agora o novo Mr. necesitará ir coñecendo a tódolos xogadores para ir formando o equipo, tal como declarou na presentación: "Ou facemos un equipo serio, onde todos nos impliquemos, cunha filosofía de xogar ó fútbol e pasalo ben facéndoo, onde todos nos respetemos entre nós, ós árbitros e ós contrarios, ou marchamos todos".
O plantel tamén recibiu e aceptou de agrado en principio o réxime disciplinario interno dado pola Directiva, do cal se repasaron algunha das faltas máis importantes así como as multas e medidas a adoptar. "Esto vai a ser extricto, hai que adaptarse para asi poder crear un equipo de verdade, respetable; e poidamos implantar así unha boa filosofía de fútbol, da cal todos eseamos orgullosos", declarou a Directiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario