A Xunta de Galicia concédelle a Barro un axuda de 40.000€ para a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 24 de agosto de 2011

A Xunta de Galicia concédelle a Barro un axuda de 40.000€ para a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais

A Comunidade Autónoma de Galicia busca garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio e que os cidadáns galegos teñan unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia, potenciando e apoiando a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, e converténdoos en motores do desenvolvemento económico rexional.

É neste sentido no que a Unión Europea incide, a través das correspondentes directrices estratéxicas, como prioridade para o conxunto da Unión. Así, a posta en marcha de medidas que respondan ás necesidades dos ámbitos rurais e urbanos da comunidade autónoma incidirá de xeito decisivo no cumprimento dos obxectivos que a Unión Europea se ten proposto e se ven materializados no Programa operativo Feder 2007-2013, no seu eixo 5 de desenvolvemento sustentable local e urbano, tema prioritario 58, actuación 4 que ten como fin as axudas ás entidades locais para equipamentos sociais.

Por esta razón, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pretende colaborar cos concellos na mellora da calidade de vida local, regulando, por medio desta orde, os requisitos e o procedemento que se seguirá para a concesión de axudas económicas destinadas á realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais, por parte dos concellos de Galicia, coa finalidade de acadar unha mellora nos servizos prestados á cidadanía por parte dos concellos galegos.


Neste senso a Xunta de Galicia, ven de conceder ó Concello de Barro a cantidade de 40.000 € 


No hay comentarios:

Publicar un comentario