Terras de Curro gaña e xa é lider do grupo 5 de Veteranos, Barro V. empata e Carballo da Portela, tamén gaña. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 31 de octubre de 2011

Terras de Curro gaña e xa é lider do grupo 5 de Veteranos, Barro V. empata e Carballo da Portela, tamén gaña.

Despois de 10 xornadas o Terras de Curro, xa é lider do grupo 5 en fútbol de Veteranos con 24 puntos e que fai que sexa o segundo equipo con máis puntos nas clasificacións de veteranos de tódolos grupos despois do Bodegon que ten 26.

O partido que se celebrou o sábado, cun resultado de 3-1 foi unha victoria que se baseou nunha remontada con goles de Guillermo, Euklide e Juan o Chícharo. Noraboa por esa victoria que vos pon ó frente do grupo.

O Barro Veteranos por outra banda empatou 1-1 co Carballedo Casoga e mantense no 8º posto da táboa, con 14 puntos e a dous do 4º posto do grupo 4. Seguro que seguirán progresando. Moito ánimo.

E xa para rematar o Carballo da Portela impúxose ó Caroi por 2-1. Nestes intres están no posto 12 con 13 puntos e con boas perspectivas de manterse nos postos medios da táboa clasificatoria do grupo 6. Agardemos mellores resultados.

En xeral os equipos de Veteranos de Barro déronnos unha xornada marcada por resultados favorables e que non fai senón que certificar o interés polo fútbol que hai no noso concello.  A foto de hoxe vai dedicada, como non pode ser doutra maneira ó Terras de Curro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario