O Terras de Curro segue de lider, o Carballo da Portela remonta e o Barro Veteranos frea o sua recuperación. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 9 de noviembre de 2011

O Terras de Curro segue de lider, o Carballo da Portela remonta e o Barro Veteranos frea o sua recuperación.

O Terras de Curro segue de lider do grupo 5 de veteranos outra xornada máis, e xa van 11,  aventaxando en un punto ó Sanxenxo Veteranos.

Un anaco de sorte esta vez chegoulle ó Curro ó empatar co Mourente  0-0,  xa que tamén o fixo o Sanxenxo con Persianas Galisur, 2-2, deixando a mesma clasificación con 1 punto máis cada un. As nosas felicitacións.

Remontando ven o Carballo da Portela tras un comezo irregular da liga de veteranos, afiánzase no 8º posto con 16 puntos, despois de gañar 5-2 a Pescados Nieves. A progresión está ahí e agardemos que se confirme o seu potencial.

E o Barro Veteranos, con 14 puntos, forma parte dun grupo de 5 equipos que ocupan os postos medios da clasificación despois de perder esta xornada pasada 4-1 co Figueirido, equipo co que comparte estos postos medios. Sabemos que son grandes xogadores e agardaremos  que esto fose só un pequeno bache. Moito ánimo e moita sorte. Esta semana dedicámosvos a foto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario