AS TAXAS POLA RECOLLIDA DO LIXO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA: A NECESIDADE DE COMPATIR SERVIZOS, ABARATAR CUSTES E IMPULSAR A EQUIDADE, SEGUN LOUZÁN. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 27 de enero de 2012

AS TAXAS POLA RECOLLIDA DO LIXO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA: A NECESIDADE DE COMPATIR SERVIZOS, ABARATAR CUSTES E IMPULSAR A EQUIDADE, SEGUN LOUZÁN.

A disparidade existente na actualidade nas taxas que os concellos cobran aos seus veciños e veciñas pola recollida do lixo son abismais e non se corresponden con diferenzas reais no custe do servizo según un estudio (que se acompaña) elaborado pola Deputación de Pontevedra a través do seu organismo autónomo ORAL.

O exemplo máis evidente e rechamante é o de dous concellos da comarca de Pontevedra: Barro e Poio, que en 2011 eran, respectivamente, os que tiñan a taxa máis barata (6 euros) e a máis cara da provincia (104). O que pagaron o pasado ano os veciños de Poio pola recollida de lixo é case 18 veces máis que o que pagaron os de Barro.

Aínda que esta diferenza se suavizou en 2012, ao subir Barro a taxa a 60 euros; as diferenzas aínda entre uns concellos e outros seguen sendo moi grandes e superan en moitos casos o 100% en concellos que prestan un servizo moi similar ou practicamente idéntico.

Este ano, despois de que o 37% dos concellos subisen as tarifas, o concello coa taxa máis baixa é Arbo, con 15 euros de cota e o máis caro Poio, con 108. Este é un problema de falta de equidade que se arrastra desde anos atrás pero que, con motivo da crise aflora.

Así que, según puxo de manifesto o presidenta da Deputación, Rafael Louzán, é necesario dar unha solución a esta desproporción. Unha solución que, hoxe por hoxe, non pode pasar por un incremento masivo e repentino das tarifas (xa que o servizo de recollida de lixo é un servizo deficitario, dado que non chega a cubrir os custos do servizo, que se estiman nuns 122 euros por fogar), senón por solucións alternativas que afonden en tres aspectos:

·    A racionalización dos recursos
·    A mellora da eficacia do servizo
·    O abaratamento dos custes

Según Louzán, iso pode conseguirse apostando pola mancomunidade de servizos: a prestación deste servizo aos concellos da provincia de forma conxunta permitiría:

1.- reducir nun 50% os vehículos destinados a este fin e noutro tanto o persoal (que podería desenvolver outras funcións nos concellos e, en consecuencia, dar a posibilidade de que ese municipio incremento ou mellore os seus servizos noutros eidos).

2.- Facilitar a relación e a negociación coa empresa xestora dos residuos (Sogama) e abaratar a tarifa que actualmente ten por cada tonelada de lixo que lle chega.

Outra vía, que tamén podería ser máis doada de xeralizar se se opta por un sistema mancomunado, é a promoción da reciclaxe que hoxe en día é moi deficiente na provincia, impulsando a concienciación cidadá para que separen na casa e mellorar a distribución de contenedores para que facilitar esta tarefa.

Datos das taxas por comarcas e concellos:



No hay comentarios:

Publicar un comentario