Concello de Barro: Axudas para contratar internet no fogar. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 17 de enero de 2012

Concello de Barro: Axudas para contratar internet no fogar.

Axudas para contratar Internet nos seus fogares. para familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 euros.

Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Prazo: ata o 30 de setembro, ou ata que se esgote o crédito orzamentario

Beneficiarios:
- Familias galegas cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 euros.
- O domicilio de instalación da nova conexión deberá ser o de residencia, aspecto que se comprobará mediante coincidencia do dito enderezo no DNI ou no certificado de empadroamento. No dito domicilio non pode haber contratada ningunha conexión de internet de 1Mbps ou superior no momento de efectuar a solicitude nin ter sido dada de baixa polo solicitante (ou por calquera familiar dentro do cuarto grao de consanguinidade ou segundo grao de afinidade) polo menos nos tres meses anteriores á publicación desta convocatoria

Actuacións subvencionables:
Consideraranse como investimentos subvencionables a contratación da prestación dun servizo de conexión a internet durante un período de, polo menos, 12 meses. O dito servizo de conexión deberá ter asociada unha velocidade de transferencia de datos de, como mínimo, 1 Mbps en sentido da rede ao usuario (DL), considerando unha modalidade de acceso sen restrición horaria. Non se considera subvencionable a contratación de tarifas de datos en teléfonos móbiles.

Dotación:
40% do custe da tarifa mensual de conexión a Internet a partir do segundo mes de servizo e ata completar un ano, cunha contía máxima de 180€ e condicionado á permanencia no servizo durante ese período. A alta de liña e o importe da primeira cota mensual será asumido pola entidade colaboradora.

Procedemento:
A xestión  da subvención faráse a través das operadoras de Telefónica e R.

Mais información:Bases convocatoria http://imit.xunta.es/

Nos teléfonos gratuítos 1004 de Telefónica e 1445 de R ou acudindo as oficinas de venda destes operadores


No hay comentarios:

Publicar un comentario