EIRIÑA 3-5 BARRO C.F. Santi Fariña estréase como adestrador do BARRO CF cunha victoria - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 16 de enero de 2012

EIRIÑA 3-5 BARRO C.F. Santi Fariña estréase como adestrador do BARRO CF cunha victoria

O Barro C.F. estréase con vitoria ás ordes do novo adestrador S.Fariña impoñéndose por 3-5 ó Eiriña no campo da Xunqueira con 2 goles de Kiko e outro hat-trick de Cristian.

Tralo cambio de técnico, e con varias baixas, o equipo volve a gañar. E lógrao nada máis e nada menos ca no campo da Xunqueira, un campo maldito onde nunca lograra a vitoria. O equipo completou un bo partido onde comezou gañando 0-3. Logo, o xogo duro do Eiriña provocou que tiveran que acabar con 9 homes no campo durante boa parte da segunda parte.

As lesións de Josete e cristian por sendas entradas duras causaron a súa retirada forzosa do partido despois de que Santi xa fixera os 3 cambios dos que dispoñía. Alende, tamén lesionado no nocello, continuou ata o remate do encontro renqueante.

O final, o resultado fai ó Barro adiantar na táboa ó Cerponzóns e renova as ilusións do equipo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario