Concello de Barro: OMIX, Convocatoria de Curso de Monitor ocio e tempo libre. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 13 de febrero de 2012

Concello de Barro: OMIX, Convocatoria de Curso de Monitor ocio e tempo libre.


O Concello de Barro en aras de mellorar os coñecementos, habilidades, e  alternativas de formación para a mocidade informa que se vai a realizar o seguinte  curso homologado no Concello de Barro.
Curso de Monitor de Tempo Libre.
Para matricularse será necesario estar en posesión dalgún dos seguintes
títulos:

A) Graduado en educación secundaria, graduado escolar ou outro equivalente
B) Técnico auxiliar en formación profesional ou outro equivalente.
c) Ter 18 anos cumpridos o comezar o curso

O curso constará de dúas fases:
1ª fase: 200 horas teóricas
2ª fase: 150 horas prácticas.

A parte teórica realizarase no Salón de actos da Biblioteca Pública de
Barro de luns a venres en horario de mañán ou tarde, dependendo da
demanda dos interesados.

Comezaremos o curso en canto completemos o grupo mínimo.

PREZO: (non superior a) 250€ a pagar directamenta na conta da escola de
ocio e tempo libre (pagos fraccionados).

Inscricións no Servizo de Información Xuvenil, OMIX de Barro, ou ben chamando ó 986 714806


No hay comentarios:

Publicar un comentario