Voz de Barro celebra hoxe con vós o 175 nacemento de Rosalía de Castro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 24 de febrero de 2012

Voz de Barro celebra hoxe con vós o 175 nacemento de Rosalía de Castro.

Hoxe cúmprense 175 anos do nacemento, en Santiago de Compostela, de Rosalía de Castro, autora de Cantares Galegos, primeiro libro escrito integramente en galego, e Voz de Barro, súmase ás celebracións que hoxe haberá espalladas por Galicia, e como non, tamén en Barro.


Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro).
Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía (1804-1862) fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo (1798-1871)

Bautizada na capela do Grande Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos). Actúa de madriña María Francisca Martínez, criada da nai.

O presbítero consigna na partida: “María Francisca Martínez...fue madrina de una niña que bauticé solemnemente... llamándola María Rosalía Rita, hija de padres incógnitos cuya niña llevó la Madrina y va sin número por no haber pasado por la inclusa”


Non se pode probar en que fogar -ou fogares- viviu antes de outubro de 1842. Na tradición da familia paterna asegúrase que foi coidada –sen precisar datas- polas tías María Josefa e Teresa Martínez Viojo na parroquia de Ortoño, na casa onde nacera seu pai, denominada Castro de Ortoño (lugar de Tarroeira)

Consta que en 1842 vivía coa súa nai en Padrón, Sol, 4 (hoxe Xoán Rodríguez).

1851-1855
Reside coa súa nai en Santiago (Bautizados, 6). É probable que estivesen Compostela desde 1847.
En 1854 protagoniza Rosamunda de Gil y Zárate no Liceo de la Juventud de Santiago

1855-1856
Reside coa súa nai en Padrón, aínda figurando empadroadas no ex convento de San Agustín (Santiago de Compostela), sé do Liceo de la Juventud.  

1856-1858
Viaxa en abril de 1856 a Madrid. Residirá na casa da súa tía María de Castro (Ballesta, 13)

1857
Primeiro libro, o poemario La Flor (Madrid) no xornal La Iberia. Suscitará unha benévola reseña de Murguía.

1858
“Lieders”, meditación en prosa, en El Album del Miño (Vigo).
O 10 de outubro casa con Manuel Murguía na igrexa de San Ildefonso de Madrid.

1859
Primeira novela, La hija del mar (Madrid/Vigo).
Nace a primera filla, Alejandra, en Santiago (Conga, 1). Apadríñaa o político Alejandro Chao. Finará en1937

1860
O 31 de xaneiro intervén como actriz en Santiago, nunha velada teatral a beneficio dos soldados feridos na guerra de África

1861
Reside algún tempo en Madrid.
Primeiro poema en galego, o que glosa o cantar “Adios ríos; adiós fontes” (El Museo Universal)
Flavio, a segunda novela

1862
Fina a súa nai en Santiago

1863
Domicilio en Santiago, Mercado Vello 7 -2º (hoxe Praza da Universidade, 4)
A mi madre (Vigo)
Primeiro libro en lingua galega, Cantares gallegos (Vigo, Establecimiento tipográfico de D. J [uan] Compañel).

1864
Os seminaristas de Lugo ameazan con apedrar a imprenta de Soto Freire para lle impedir que publique, no seu Almanaque, o cadro de costumes de Rosalía “El Codio” (texto que ninguén coñece)..

1865
“Las literatas (Cartas a Eduarda)”, artigo sobre a condición feminina, en Almanaque de Galicia (Lugo).

1866
Ruinas, novela publicada por entrega en El Museo Universal de Madrid.

1867
El caballero de las botas azules. Cuento extraño, Lugo, Impresor Soto Freire

1868
Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas, cargo que exercerá ata 1870.
Nace a segunda filla en Santiago (Rúa Callobre, 40), Aura, que finará en Carmona en 1942

1869-1870
En Simancas escribe grande parte do poemario Follas Novas.
A finais de 1870 e inicios de 1871 reside en Madrid (Claudio Coello, 13- 3º) e coñece a Bécquer.


1871
Reside co seu home na Coruña ata 1874.
Nacen en Lestrove os xemelgos  Gala e Ovidio. Gala finou en 1964. Ovidio, que foi pintor de certa calidade, finará na Coruña en 1900

1872
Segunda edición de Cantares Gallegos (Madrid) que contén 4 poemas máis. É a única reedición, en vida, dun libro de Rosalía..

1873
Nace na Coruña, Príncipe 3-2º (hoxe Padilla) Amara, que finou na mesma cidade, en 1921.

1875
Nace en Santiago (Senra, 17 principal) Adriano, que faleceu ao caer dunha mesa 19 meses despois

1877
Nace morta en Santiago Valentina 1877.

1878-1879
Vive en Santiago, primeiro en Altamira 2 e, despois, en Hórreo 9.

1880-1881
Mentres Murguía está en Madrid, Rosalía alterna a súa residencia en Santiago con estancias en Lestrove.

1880
Follas Novas. Versos en gallego de… precedidos de un prólogo de Emilio Castelar, Madrid, La Ilustración Gallega y Asturiana/ Habana, La Propaganda Literaria.

1881
“Padrón y las inundaciones” en Los Lunes del Imparcial (Madrid) e en La Ilustración Gallega y Asturiana (Madrid).
“Costumbres gallegas” en Los Lunes del Imparcial, que denuncia a existencia, en certas zonas de Galicia, de casos de “prostitución hospitalaria” e provocou duras críticas.
El primer loco. Cuento extraño, Madrid.

1882-1883
Publica un número considerable de poemas casteláns na Ilustración Cantábrica (Madrid) e en La Nación Española (Buenos Aires) que recollerá no libro En las orillas del Sar.
Polo menos desde1883 vive no lugar de A Matanza (Padrón) na que, desde 1972, é Casa-Museo gobernada pola correspondente Fundación.

1884
En las orillas de Sar. Poesías de… Madrid, Establecimiento Tipográfico de Ricardo Fe

1885
Fina aos 48 anos de idade o 15 de xullo. O certificado de defunción consigna:
 “...a consecuencia de una degenaración cancerosa del útero”.
É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Andina.

1891
O 25 de maio foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente no mausoleo creado ad hoc polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres


No hay comentarios:

Publicar un comentario