Un novo roubo de xoias nun domicilio pon en alerta aos veciños de Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Un novo roubo de xoias nun domicilio pon en alerta aos veciños de Barro

O asalto a un domicilio da parroquia da Portela, en Barro, este fin de semana volveu a pór en alerta aos veciños de Barro, un municipio no que están proliferando os pequenos roubos en vivendas.

Neste caso, o dono da vivenda, da zona da Estación, atopouse coa fechadura forzada ao regresar á súa vivenda o venres.
Os asaltantes leváronse unha importante cantidade de xoias, todas elas de ouro e de importante valor ecómico, ademais do sentimental.

Os ladróns entraron pola parte de atrás da casa e revolveron en todas as habitacións ata dar co que querían. Non subtraeron electrodomésticos nin outros efectos.

Fontes veciñais afirman que na zona puidéronse ver un par de coches descoñecidos pola tarde, na mesma xornada na que se produciu o asalto.Neste mesmo municipio, pero na parroquia de Curro denunciáronse no último semestre varios roubos e intentos de furto de distinto tipo.

Entre eles, o asalto á casa dos pais dun mozo no mesmo día en que celebraba a súa voda; o roubo de case 200 postes de pedra e formigón nunha leira da Bretoña, ou o roubo de material e outros efectos no interior dunha das vivendas da edificación de Comercial Vilanova. Ademais, recentemente, en montes do municipio, alguén sacrificou unha vaca mostrenca para roubar carne.

No hay comentarios:

Publicar un comentario