O novo portal web institucional da Deputación de Pontevedra, pensando para os todos os cidadáns - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 11 de abril de 2013

O novo portal web institucional da Deputación de Pontevedra, pensando para os todos os cidadáns


Rafael Louzán presentou esta mañá www.depo.es, o novo portal web institucional da Deputación de Pontevedra para cidadáns, concellos e empresas da provincia; unha plataforma de xestión de contidos dixitais que facilita a xestión centralizada e unificada que permite incorporar novos elementos de comunicación e interacción co usuario, así como novas formas de acceder á información e ós servizos da Deputación de Pontevedra.

O importante proceso de modernización tecnolóxica que afronta a Deputación de Pontevedra materialízase có lanzamento do novo portal web institucional www.depo.es, que é a principal porta de acceso da cidadanía, os colectivos, as asociacións, os concellos e as empresas á Deputación de Pontevedra. Un portal feito por e para os cidadáns, no que se puxo un especial énfase en facilitarlle ó usuario a navegación, organizando a información en seccións segundo o seu perfil e conseguindo así que poida obter a información que necesita de forma fácil e intuitiva.

Os servizos electrónicos na administración pública teñen cada día máis relevancia e por iso que www.depo.es conta cun acceso rápido á Oficina Virtual Tributaria do ORAL, ó Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, á descarga de formularios e instancias oficiais da Deputación e ó perfil do contratante. En breve incorporará a Sede Electrónica, que será unha prolongación da oficina administrativa tradicional. Será un punto de acceso único para que os cidadáns poidan realizar as súas xestións habituais como o rexistro, que tamén se poderá facer telemáticamente ou consultar o estado dos seus expedientes. Todas estas ferramentas farán posible que todos os cidadáns da provincia de Pontevedra se poidan beneficiar dunha administración á altura das máis avanzadas do Estado.

Garantindo a accesibilidade dos cidadáns

Un dos obxectivos prioritarios deste novo portal institucional é acadar a máxima accesibilidade, por iso no deseño e desenvolvemento tívose especial coidado coas normas técnicas de accesibilidade para que calquera cidadán, independentemente das súas limitacións, poida acceder á información. O novo portal web institucional, www.depo.es, conta cos avances tecnolóxicos necesarios para conseguir eliminar as barreiras de acceso aos usuarios. Porque ésta é a verdadeira función das novas tecnoloxías: estar ao servizo dos cidadáns.

A accesibilidade tradúcese tamén nunha maior participación, deste xeito habilítanse canles de atención ao cidadán para que estes poidan trasladar as súas suxestións e consultas. Entre estas canles destaca o compromiso que o propio Rafael Louzán, coma presidente da Deputación de Pontevedra, mantén, que é o de responder nun plazo máximo de dez días as cuestións que se transmitan por vía electrónica. Este é o espíritu que guía a comunicación entre a Deputación de Pontevedra e os cidadáns: unha comunicación áxil e directa.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario