Cores Touris, Delegado Territorial da Xunta: A Parcelaria no concello de Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 21 de noviembre de 2013

Cores Touris, Delegado Territorial da Xunta: A Parcelaria no concello de Barro


“A nosa aposta é facer explotacións máis viables e produtivas así como mellorar a calidade de vida dos veciños do rural”, explicou Cores Tourís durante a rolda de prensa celebrada esta mañá no concello de Barro. Deste xeito, destacou, como xa o fixo recentemente en Portas e en Cuntis, a importancia económica da posta en marcha das concentracións parcelarias “que dende 2009 viviron un importante pulo dende a administración autonómica”.
En concreto, no caso do concello de Barro, estase a tramitar o procedemento administrativo das zonas de parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas, Curro-Portela e Perdecanai-Barro, que afectan a 2.214 hectáreas e 3.259 propietarios. “Estamos a traballar para a finalización das modificacións do acordo e replanteo en Agudelo, para aprobar as bases definitivas en Curro e para informar dos recursos de bases definitivas en Perdecanai”, explicou o xefe do Servizo de Infraestruturas Agrarias en Pontevedra, Julián Alvira, en relación aos próximos pasos a executar nestas tres zonas de parcelaria en Barro.
No concello de Barro, dende 2009, investíronse máis de 676.000 euros tanto en relación ao investimento das tres áreas de concentración como en mellora de camiños e infraestruturas viarias no rural.



No hay comentarios:

Publicar un comentario