Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 28 de febrero de 2014

60 PROFESIONAIS RELACIONADOS COA XESTIÓN DO CICLO DA AUGA SÚMANSE AO PROGRAMA SANePLAN, CO QUE A DEPUTACIÓN BUSCA MELLORAR O SISTEMA DE SANEAMENTO NA PROVINCIA



Desde esta semana e ata o final de marzo desenvólvense xornadas técnicas para a definición do modelo que se pretende implantar

·       A iniciativa conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros e desenvólvese conxuntamente co Instituto Tecnolóxico de Galicia e a rexión italiana da Toscana
Un total de 60 profesionais de diferentes ámbitos relacionados coa xestión integral do ciclo da auga participan durante estes días en seis xornadas técnicas que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para a mellora dos sistemas de saneamento na provincia.
As xornadas forman parte do programa europeo Life SANePLAN, unha iniciativa que conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros e co que se busca o deseño e implantación dun sistema de información nas redes de saneamento e nas instalacións de depuración que permitan contar con datos fiables e exactos para racionalizar os custes de xestión do saneamento, facilitar o dimensionamento das redes e das instalacións de depuración adecuándoas ás necesidades reais de cada área e momento; diagnosticar a capacidade e funcionamento das redes de saneamento nun momento concreto e valorar cal será o seu comportamento futuro e deseñar os sistemas de saneamento máis axeitados en distintos escenarios (de incremento da poboación, de restricións económicas, de maior ou menor pluviosidade, cambios nos usos do solo….).
Implicación
Para a posta en marcha deste sistema é preciso a implicación de expertos que axuden coas súas achegas á definición do modelo máis axeitado para conseguir un mellor funcionamento dar redes de saneamento e este é, precisamente, o obxectivo das xornadas que comezaron esta semana e que se van desenvolver ata finais de marzo nas sedes da Deputación en pontevedra e Vigo.
En total serán seis xuntanzas técnicas con 12 participantes cada unha e entre os que se atopan representantes políticos da administración local con responsabilidades en materia de augas, técnicos de concellos, Deputación e Xunta de Galicia, expertos das universidades galegas e tamén da empresa privada.
O obxectivo destas reunións é a posta en marcha dunha comunidade de expertos que dea soporte ao proxecto Life SANePLAN e que durante todo o proceso contribúa ao seu desenvolvemento, para poder acadar unha planificación integrada e xestión sostible das infraestruturas de saneamento a través da tecnoloxía de precisión máis innovadora.
Nesta iniciativa participan tamén o Instituto Tecnolóxico de Galicia e unha entidade italiana de xestión ambiental da rexión da Toscana e o desenvolvemento do mesmo pretende, inicialmente e a modo de proxecto piloto, implantar os sistemas de información que se desenvolvan en 4 concellos europeos, dos cales 3 serán en Pontevedra e un da Toscana.
Posteriormente, estenderase  40 entidades españolas e a 10 italianas para, unha vez comprobados os resultados, poder avanzar na súa xeneralización.
É un paso máis no labor que a Deputación está a facer para mellorar a eficiencia dos servizos básicos dos concellos, coa finalidade de aproveitar mellor os recursos e, tamén, lograr unha xestión máis sostible económica e ambientalmente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario