Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 28 de febrero de 2014

A DEPUTACIÓN ABRE UN PLAZO DE 20 DÍAS PARA OPTAR A 25 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDADE, E DE 10 DÍAS PARA 28 BOLSAS PARA DIPLOMADOS E TÉCNICOS DE 24 OFICIÑAS TURÍSTICAS DA PROVINCIA



A Deputación de Pontevedra abreu hoxe un prazo de 20 días hábiles para optar a 25 bolsas de práctica laboral para personas con discapacidade, e de 10 días hábiles para que graduados, diplomados ou técnicos de turismo opten a outras 28 bolsas de turismo.
A primeira convocatoria tén por obxecto a personas con discapacidade titulados universitarios ou de FP, sin experiencia laboral previa. Para optar ás 25 bolsas _cunha duración de 6 meses e remuneradas con 800 € ao mes para os universitarios e con 700 € para os de ciclos superiores de FP_  deben ter un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, estar empadronado en concellos pontevedreses, non haber sido beneficiarios doutras bolsas da Deputación e non ter experiencia laboral previa.
A selección dos 25 bolseiros terá lugar en dúas fases. A primeira será un concurso e valoración da documentación presentada (expediente académico, cursos de posgrado, tempo de finalización dos estudios e outros) e a segunda, unha entrevista personal onde se comprobará a preparación dos candidatos nas materias relacionadas coas actividades que desenvolverán no seu centro de destiño.
Para personas con discapacidade, salen 4 bolsas de ciclo superior de Saúde Ambiental; 3 de Educación Social ou Mestre; 3 de Dereito; 2 nas especialidades de Filoloxía Inglesa ou Galega, Historia, Historia da Arte e Psicoloxía; e 1 bolsa para titulados en Administración e finanzas, Proxectos urbanísticos, topógrafos ou Obra Civil, Artes Gráficas, Traballo Social, Enxenería Industrial, Dereito ou Xornalismo.
Bolsas para oficiñas turísticas de 24 concellos
A convocatoria de 29 bolsas de Turismo é para promover e completar a formación de diplomados, graduados ou técnicos de turismo en oficiñas de turismo provinciais.
En concreto, convocánse 12 bolsas de 6 meses de duración para as oficiñas de Baiona, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía de Arousa.
E 16 bolsas de 3 meses de duración para os concellos de A Illa de Arousa, Bueu, Cuntis, Caldas, A Estrada, Gondomar, Marín, Oia,  Poio, Pontecaldelas, Soutomaior e Vilanova de Arousa.
As bolsas están retribuidas con 800 € ao mes para graduados e diplomados e 700 € ao mes para técnicos superiores. A selección dos bolseiros será, ao igual que no caso de personas con discapacidade, mediante concurso e valoración da documentación e posterior entrevista para os que superen o corte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario