Clases de Gaita e Percusión galega en Barro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 3 de febrero de 2014

Clases de Gaita e Percusión galega en Barro.


Este luns día 3 de febreiro comezamos un proxecto, cando menos, ilusionante. Coa axuda do meu gran amigo e gaiteiro Andres Lorenzo Castro, tentaremos que Barro, de unha vez por todas, conte cunha escola de gaitas e percusión como se merece.
Clases de gaita e percusión para rapaces/as e non tan rapaces en nivel de iniciación e perfeccionamento, axeitadas en horarios e franxas de idade.
Amigos e veciños, teñades a idade que teñades, teñades gaita ou non, esta sería unha boa oportunidade de facer algo diferente!
O dito, o luns 3 de febreiro ás 18:00 hrs comezaremos no local de ensaio do Grupo Amor Ruibal. (enriba do Bar Plaza)
Esperámosvos!
Un saúdo
Grupo de danzas Amor Ruibal de Barro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario