Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 3 de marzo de 2014

1.244 GRUPOS, INTEGRADOS POR MÁIS DE 30.000 PERSOAS, PARTICIPARÁN ESTE ANO NO PLAN CULTURAL 2014 DA DEPUTACION



Participan agrupacións de 23 modalidades artísticas diferentes, sendo as máis numerosas as masas corais

·       Rafael Louzán anunciou que este ano se porá en marcha un plan especial para apoiar a grupos culturais profesionais, en colaboración cos concellos
Un total de 1.244 grupos de toda a provincia participarán este ano no Plan cultural 2014, co que a Deputación de Pontevedra pretende seguir consolidando a enorme rede social que conforman as diferentes agrupacións culturais que se estenden por todos os concellos da provincia e que moven a máis de 30.000 persoas.
Rafael Louzán e a deputada responsable de Cultura, Ana Isabel Vázquez, destacaron o gran interese que esperta este programa, iniciado en 1981 e que cada ano conta cun maior número de grupos participantes.
De feito, nesta edición son 120 grupos máis que en 2013 os que participan, pertencentes a 23 modalidades diferentes.
As máis numerosas son as masas corais (con 185 grupos participantes), seguidas de grupos de gaitas (141), grupos folclóricos (140) e pandereteiras (126). No outro extremo sitúanse as orquestras clásicas (con 4 participantes); os grupos de ballet (4); poetas (9) e humoristas (11).

TIPO DE GRUPO
PARTICIPANTES 2014
MASAS CORAIS
185
GRUPOS DE GAITAS
141
GRUPOS FOLCLÓRICOS
140
PANDERETEIRAS
126
TEATRO
119
BANDAS DE MÚSICA
81
CLÁSICOS
74
GRUPOS FOLK
65
ANIMACIÓN INFANTIL
45
BANDAS DE GAITAS
41
MAJORETTES
33
OUTROS FOLCLORES
31
GRUPOS MÚSICO-VOCAIS
29
BAILE MODERNO
23
MAXIA
20
GRUPOS PLAYBACK
18
ROLDAS
17
POP-ROCK
15
CANTAUTORES
13
HUMORISTAS
11
POETAS
9
BALLET
4
ORQUESTRAS CLÁSICAS
4

No hay comentarios:

Publicar un comentario