Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 23 de marzo de 2014

A DEPUTACIÓN PON Á DISPOSICIÓN DOS CONTRIBUÍNTES UN SERVIZO DE INFORMACIÓN SOBRE EMBARGOS E OUTRO DE AVISOS POR MAIL OU SMS




Editarase tamén unha Guía do Contribuínte que se distribuirá en todas as oficinas do ORAL
A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha, a través do seu departamento de xestión tributaria-ORAL, un servizo de información sobre embargos, que permitirá aos contribuíntes obter información sobre os procedementos que lle afecten a través de internet, e unha guía do contribuínte que estará á disposición dos usuarios nas oficinas do ORAL.
Ademais, este departamento ten xa en funcionamento un servizo de avisos por mail e SMS no que se pode inscribir calquera contribuínte e que lle permite obter puntualmente información sobre asuntos de interese en materia tributaria, como prazos de pagamento, devolución de recibos domiciliados…
No que se refire ao webservice de embargos, obedece á necesidade de garantir unha maior e máis inmediata fluidez da información entre o departamento de xestión tributaria e o contribuínte, dado que cando un contribuínte ten coñecemento de que ten un embargo, o primeiro que quere saber é a que obedece.
Ata agora, a solución era desprazarse á oficina do ORAL, pero o novo webservice permitiralle ao contribuínte obter esa información sen moverse da casa, a través dun servizo en internet.
Co seu NIF e a cantidade total do embargo ou a referencia do mesmo, o contribuínte accederá aos datos que lle interesan para poder actuar en consecuencia.
Guía do contribuínte
En canto á guía do contribuínte, recolle os distintos servizos do ORAL, o calendario fiscal, o funcionamento da Oficina Virtual, impresos para solicitar a domiciliación bancaria dos recibos ou para adherirse ao servizo de avisos a través de SMS; así como información de horarios, oficinas ou atención ao contribuínte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario