Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 8 de marzo de 2014

A DEPUTACIÓN PON EN MARCHA UNHA REDE DE CENTROS DE ASESORAMENTO EN NOVAS TECNOLOXÍAS DIRIXIDO A EMPRESAS E UN PROXECTO PILOTO DE XESTIÓN DE ACTIVOS MUNICIPAIS




O CPAE Constará de 6 oficinas comarcais que atenderán ás máis de 64.000 empresas da provincia de menos de 5 empregados
·        O obxectivo é impulsar o uso tecnoloxías da información e a comunicación para mellorar a xestión tanto no ámbito público como no privado
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou hoxe convenios con varios concellos da provincia para poñer en marcha un servizo de asesoramento a empresas  en materia de novas tecnoloxías e para o desenvolvemento dun proxecto piloto de xestión de activos municipais.
No primeiro caso, tratase da creación -no marco do proxecto DepoTIC- dun Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0. (CPAE) que dea servizo ás máis de 64.000 micro empresas da provincia (de 5 ou menos empregados) axudándolles a mellorar a súa competitividade por medio do uso das novas tecnoloxías. En canto ao plan de xestión de activos, busca definir a estratexia, as ferramentas e os recursos necesarios para que os concellos poidan dispoñer dun inventario preciso dos seus activos e de mecanismos para mellorar a súa xestión, gañar en eficiencia e aforrar custes.
 Centro de Asesoramento Empresarial
O CPAE contará dunha rede de 6 oficinas, integrada por unha sede central situada no edificio administración da Deputación en Pontevedra, que dará servizo aos 12.800 autónomos e micropemes das comarcas de Pontevedra e O Morrazo e que funcionará tamén como centro de coordinación de toda a rede que, á súa vez, constará de cinco oficinas comarcais en Cambados; Lalín; Ponteareas; O Porriño e na sede de Vigo da Deputación.
As oficinas estarán abertas 60 horas semanais, de luns a venres de 10:00 a 21:00 e os sábados de 09:00 a 14:00, co obxectivo de adecuarse o máximo posible aos horarios dos pequenos empresarios e autónomos.
A rede contará con 17 expertos á disposición das microempresas, con asesores en cada unha das oficinas e 5 técnicos cualificados na oficina central, dedicados á creación de contidos, á xestión do Centro de Comercio Virtual e á coordinación e apoio a actividade de toda a rede.
Para facilitar o acceso a este servizo, os autónomos e pequenos empresarios poderán obter asesoramento tanto de forma presencial como por vía telefónica ou online e recibirá apoio e formación en cuestións como presenza web, equipamento informático, ferramentas informáticas de xestión, acceso a internet, banca on line, sinatura electrónica, administración electrónica, uso empresarial das redes sociais, comercio electrónico, licitación e factura electrónica, solucións sectoriais como, por exemplo, utilización de terminais de punto de venda, plataformas de comercio virtual, etc.
Xestión de activos municipais
No que respecta ao proxecto piloto de xestión de activos municipais, forma parte do programa DepoGAP, cofinanciado nun 70% polo Ministerio de Facenda con fondor FEDER, e implantarase a modo de proba nos concellos de Mos, A Estrada e Ribadumia.
O traballo que se vai realizar durante 25 semanas nestes concellos permitirá definir as ferramentas e mecanismos máis axeitados para a implantación de modelos de xestión máis eficientes no conxunto da provincia.
Nesta liña, o presidente da Deputación recoñeceu que na actualidade hai aínda “moito traballo por facer” no que respecta á identificación, inventario e control dos activos que os concellos teñen, desde contedores ata iluminación, redes de saneamento…
O obxectivo da Deputación é, precisamente, facilitarlle aos concellos o inventario e xestión destes activos, establecendo, ademais, propostas de mellora da eficiencia e de aforro de custes.
Segundo se recolle nos acordos asinados cos concellos de Mos, Ribadumia e A Estrada, o traballo que agora se vai realizar incluirá o estudo de qué activos municipais son os máis idóneos para o seu inventariado, priorizando os que xeren un maior volume de gasto e que, polo tanto, permitan maiores aforros con medidas de eficiencia; a identificación da información que é necesario obter de cada un; elaboración do inventario; deseño e elaboración de normas e procedementos que permitan a actualización continua dos activos municipais; definición e creación do sistema de xestión  de activos; propostas que permitan o aforro e a mellora da xestión de activos e unha auditoría enerxética para definir propostas e medidas de aforro.
Todo este material porase á disposición dos concellos respectivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario