Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 22 de marzo de 2014

A DEPUTACIÓN SACA A CONCURSO A EXECUCIÓN DOS PROGRAMAS PENSA EN TI, TI TAMÉN CONTAS E COIDARTE





Trátase de tres programas que amplían a oferta de ocio e formación en todas as parroquias da provincia

·        Pensa en Ti e Ti Tamén Contas poñen á disposición dos colectivos de mulleres e maiores un amplo abano de actividades formativas, en máis de 50 especialidades
A Deputación de Pontevedra acordou hoxe sacar a licitación a execución dos programas Pensa en Ti, Ti Tamén Contas e Coidarte. O obxectivo é seleccionar á empresa que mellor oferta presente para a execución de cada un destes programas que a Administración Provincial leva anos impulsando para diversificar a oferta de formación e de lecer para colectivos de maiores e de mulleres.
Son programas que se desenvolven en toda a provincia, pero que teñen o especial valor de facilitar a organización de cursos ou viaxes de lecer a zonas rurais nas que as oportunidades de ocio e formación son escasas.
No caso dos programas Pensa en Ti e Ti Tamén Contas ofértase un amplo abano de actividades formativas con cursos de máis de 50 especialidades diferentes que poderán solicitar as asociacións que organicen actividades orientadas a mulleres ou a maiores e que poderán solicitar estes cursos ata o 9 de abril.
A Deputación achega un total de 529.000 euros aos dous programas (200.000 para Ti Tamén Contas e 329.000 ao Pensa en ti) e os que se matriculen nos cursos deberán abonar 6 euros o primeiro día do obradoiro.
Pola súa banda, a empresa que desexe organizar e executar o programa diúrno de Balnearios Coidarte, deberá ofrecer un mínimo de 4 balnearios, spa ou talaso no que os beneficiarios do programa poderán gozar de 5 tardes de descanso a prezos reducidos e contando, ademais, con transporte de ida e volta entre o seu concello de residencia e o establecemento hoteleiro elixido.
Despois de que a Xunta de Goberno da Deputación aprobase sacar a licitación este servizo, ábrese o prazo para que as empresas interesadas en desenvolvelo presenten as súas ofertas; mentres que para as persoas interesadas en beneficiarse del o prazo se abrirá unha vez adxudicado.
A Deputación subvenciona destina 105.000 euros a este programa, cos que subvencionará con 35 euros o prezo de cada praza. Así mesmo, os concellos que se adhiran ao programa achegarán outros 10 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario