Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 29 de marzo de 2014

A XUNTA DESTINARÁ ESTE ANO MÁIS DE 7,6 MILLÓNS DE EUROS AO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA




§         O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís,  anunciou hoxe que o primeiro pago deste 2014 comezarase a abonar durante o mes de abril
§         As transferencias de financiamento poderán incrementarse nun 6,1% con relación ao ano 2013 de chegarse a prestar efectivamente todas as horas asignadas, chegando ata o 7% de no caso de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou que ao longo do vindeiro mes de abril a Consellería de Traballo e Benestar abonará o primeiro pago do servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia.

Neste 2014, a previsión do departamento autonómico é que os concellos da provincia de Pontevedra reciban máis de 7,6 millóns de euros para facer fronte a esta prestación. O investimento en toda a comunidade superará os 37,7 millóns de euros. As transferencias de financiamento poderán incrementarse en nun 6,1% con relación ao ano 2013 de chegarse a prestar efectivamente todas as horas asignadas, chegando ata o 7% de no caso da provincia.
Do total de persoas beneficiarias deste servizo en Galicia, arredor de 1.750 pertencen aos municipios pontevedreses, que recibirán máis de 900.000 horas de atención subvencionada –en torno a 4 millóns nas catro provincias-. Trátase dunha estimación realizada pola consellería partindo dos datos de peche do 2013, pois ao longo do exercicio os concellos deciden, segundo unha lista priorizada por graos de dependencia, como asignan as horas que lles foron adxudicadas desde o Goberno galego.
Tal e como explicou Cores Tourís, o programa de asignación de recursos da Xunta “outorga aos servizos sociais municipais autonomía para xestionar as altas e baixas da lista de dependentes do seu concello, que poden realizar coa máxima axilidade”. As transferencias económicas desde a Administración autonómica realízanse trimestralmente, mentres que antes eran tramitadas anualmente.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou o labor dos departamentos de servizos sociais municipais e dos traballadores e traballadoras sociais de cada concello da provincia, pois “son o punto de referencia dos usuarios, os profesionais que reciben e fan seguimento dos casos e que están sempre en contacto cos beneficiarios e facilitando a xestión dos procedementos, especialmente no ámbito da dependencia”.
O delegado territorial incidiu na necesidade de continuar a seguir estreitando a coordinación entre a administración autonómica e a local para mellorar no eido da atención as persoas que máis o necesitan, “algo que se ven facendo principalmente a través dunha aplicación informática que permite á Xunta e aos concellos estar permanentemente conectados e que, desde a súa posta en marcha, se veu traducindo en notables avances na calidade do servizo”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario