Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 26 de marzo de 2014

EDUCACIÓN RECIBE AO NOVO PRESIDENTE DAS FANPA DE PONTEVEDRA APOSTANDO POLA COLABORACIÓN ENTRE AMBAS ENTIDADES




§         A LOMCE, os datos da escolarización para o próximo curso educativo e a necesidade de melloras nos colexios centraron a reunión entre o xefe territorial e a nova directiva da Federación Provincial de Anpas

O xefe territorial de Cultura e Educación de Pontevedra, César Pérez Ares, recibiu onte á mañá ao novo presidente Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra (Fanpa), Rogelio Carballo, e o vicepresidente desta entidade, Miguel Ángel Sánchez, cos que analizou a situación dos centros educativos da provincia.

Sobre a mesa expúxose a necesidade de manter o diálogo construtivo entre ambas partes de cara a continuar a colaborar para a mellora da calidade do ensino público. Por parte da Xefatura Territorial brindouse a colaboración da administración coas iniciativas que presente a Federación, “sempre tendo en conta a importancia de optimizar recursos, en especial no presente ano, no que nos atopamos cunha situación excepcional motivada polo gran número de obras a realizar nos centros a causa dos sucesivos temporais sufridos na nosa provincia”.

Durante a reunión, o xefe territorial explicou aos representantes dos pais e nais dos alumnos da provincia a nova lei educativa, a LOMCE, e ademais, se analizou o primeiro avance de datos da escolarización do próximo curso educativo. “Segundo os datos que estamos a recoller, estamos a observar unha importante baixada da natalidade o que fai que a oferta de prazas para nenos de 3 anos, que segue a sela mesma que en anos anteriores, sexa moi superior á demanda”, explicou Pérez Ares.

Finalmente, un dos temas que expuxeron á administración os novos responsables da Fanpa foi a necesidade de mellora dos centros educativos, en especial, en relación as instalacións eléctricas. “Desde Educación”, matizou o xefe territorial, “estamos a traballar nesta cuestión, porque somos conscientes de que se trata dunha prioridade, tanto para garantir a seguridade dos nenos e os equipos escolares, como para poder aplicar os plans Abalar, xa que sen unha boa rede de datos non funcionaría”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario