II Gala Solidaria 2014 en Curro (Barro) o vindeiro domingo 13 de Abril - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 22 de marzo de 2014

II Gala Solidaria 2014 en Curro (Barro) o vindeiro domingo 13 de Abril

O vindeiro DOMINGO 13 DE ABRIL, vaise celebrar a II Gala Solidaria - Curro 2014, organizada por esta Comunidade de Montes e Galicia Espectáculos, agradecendo xa de antemán, que elixiran de novo a nosa
Parroquia para tal evento. Nesta ocasión, os actos van comezar pola tarde, coa "FESTA DO NEN@", con inchables gratis, contando coa actuación da Charanga "ROUBABICOS" de Vilagarcía.
Cara as 19.30h, comezará a verbena,coas orquestras ARAMIO, AMÉRICA e OLYMPUS. E como fin de Festa, teremos a Xira de "EME MUSIC - RADIOLIDER", cos DJs, Marcos Magán e DJ Son1c. Dicir tamén que se van a colocar caixas para a recollida de alimentos nos distintos establecementos do Concello. Seguiremos informando estes días, en relación a este evento. Moitas grazas pola colaboración de cada un de vos, e si podedes, promocionade esta Gala nos vosos muros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario