Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 28 de marzo de 2014

Inclue a PO-531. MEDIO AMBIENTE LICITA POR MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS A MELLORA DO FIRME DE 11 ESTRADAS AO SEU PASO POR 19 CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA




§         As obras consistirán na reparación do firme, con solucións adaptadas ás necesidades de cada punto e na reposición de marcas viais
§         As tres actuacións implicarán o fresado de firme de case 450.000 m2 e a aplicación de máis de 12.000 toneladas de mesturas bituminosas
§         Estes proxectos supoñen un bo exemplo da prioridade estratéxica da Xunta en materia de conservación e de mellora das infraestruturas, que incide na mellora da seguridade vial

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita a través do Diario Oficial de Galicia tres contratos para a mellora e rehabilitación de firme nos treitos deteriorados de 11 estradas da provincia de Pontevedra ao seu paso por 19 concellos. O importe dos mesmos elévase a máis de 1,5 millóns de euros e beneficiarán a máis de 350.000 veciños.

Coas actuacións de rehabilitación estrutural e superficial previstas prolongarase a vida útil do firme das estradas analizadas, que suman 106 quilómetros.

As obras consistirán ben na reparación do firme existente, a través do fresado e reposición da capa de rodadura de treitos localizados, ou ben na extensión de microaglomerados para o selado de grietas ou coa finalidade de mellorar as características superficiais do firme, nos treitos nos que resulte necesario. Estas actuacións complementaranse coa reposición de marcas viarias e de elementos de balizamento. Tamén, de ser necesario, levarase a cabo a limpeza e reperfilado das cunetas existentes.

Unha vez revisadas as estradas obxecto das obras en toda a súa lonxitude, nos proxectos recóllense actuacións localizadas nos seguintes treitos:

Licitación
Estrada
Tramo
lonxitude
concellos
Poboación beneficiada
Orz Licitación

RF localizado nas estradas PO-305 e PO-531
PO-305
0+000-0+500// 4+000-5+940
2,44 km
Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Vilanova de Arousa, Meis, Poio e Pontevedra e Barro


153.970


599.996,44
PO-531
0+500-16+000
15,5 km
VG-4.8
0+050- 2+130
2,08 km


RF localizado nas estradas PO-224, PO-534, PO-902 e PO-960
PO-224
0+000-5+300// 6+200- 8+000
7,5 km


Vila de Cruces, Lalín, Silleda, Forcarei e Pontevedra.




121.773




499.742,63
PO-534
1+000-3+000// 6+000-11+800// 13+800-14+200// 29+000-30+000
9,2 km
PO-902
4+500-6+000
1,5 km
PO-960
17+000-22+000
5 km

RF localizado nas estradas PO-244, PO-254, PO-400 e PO-404

PO-244
2+280- 11+490
9,2 km
Tui, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Mondariz, Ponteareas, Soutomaior e Ponte Caldelas



77.212



499.628,78
PO-254
0+000- 9+000
9 km
PO-400
0+880- 37+330
36,4 km
PO-404
2+710- 10+980
8,2 km

Estas tres actuacións implicarán o fresado de firme de case 450.000 m2 e a aplicación de mestura bituminosa quente ou formigón bituminoso de máis de 12.000 toneladas. Tamén se levará a cabo a reposición das marcas viais e da sinalización vertical. O prazo de execución que se recolle no prego de contratación é de 6 meses para cada proxecto.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas aos tres contratos de obra pública que hoxe se licitan dispoñen ata o 2 de maio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario