Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 5 de abril de 2014

A DEPUTACIÓN AMPLÍA ATA O 22 DE ABRIL O PRAZO PARA QUE AS EMPRESAS DA PROVINCIA SOLICITEN SER INCLUIDAS NO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL QUE BENEFICIARÁ A 500 XOVES TITULADOS




A Deputación de Pontevedra decideu hoxe, na súa xunta de goberno, ampliar ata o vindeiro 22 de abril o prazo establecido para que as empresas interesadas en recibir xoves titulados universitarios e de FP, poidan presentar as súas solicitudes.

A Deputación puxo en marcha un Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado da provincia de  Pontevedra destinado a xoves titulados universitarios e de FP, sin experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

O Plan comprende 500 bolsas de práctica laboral e estrutúrase en dúas fases: unha primeira, de selección de empresas, e a segunda, de selección e distribución dos bolseiros entre as empresas seleccionadas.

O prazo inicialmente establecido para que as empresas poideran presentar as súas solicitudes remataba o vindeiro día 7, luns.

Pero a xunta de goberno da Deputación, co fin de cumprir con maiores garantías os obxectivos do Plan de Práctica Laboral en empresas da provincia, decideu ampliar ata o vindeiro día 22 de abril, martes, o prazo de presentación de solicitudes das empresas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario