Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 27 de abril de 2014

A DEPUTACIÓN APROBOU AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA ACTÍVATE, NO QUE INVESTIRÁ MÁIS DE 100.000 EUROS





Trátase dun programa que amplía a oferta de ocio e formación en todas as parroquias da provincia

·        Actívate pon á disposición dos mozos de entre 16 e 35 anos un amplo abano de actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre
A Deputación de Pontevedra aprobou as bases do programa Actívate co obxectivo de seguir impulsando e diversificando a oferta de formación e de lecer para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, ante o alto nivel de satisfacción conseguido en edicións anteriores.
Poderán adherirse os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, e cada un deles poderá escoller unha actividade formativa dos máis de 70 cursos que formarán parte do catálogo que o organismo provincial publicará na súa páxina web.
Os concellos de máis de 15.0000 habitantes (Cangas, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Tui, e Vilagarcía de Arousa) terán a posibilidade de escoller dúas actividades de formación.
A Deputación achega un total de 102.000 euros a este programa, para o cal os concellos interesados en participar terán a obriga de prestar as súas instalacións e os medios materiais precisos para o desenvolvemento dos cursos. Unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia, os concellos disporán dun prazo de 20 días hábiles para a presentación de solicitudes.
Os beneficiarios serán mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos residentes no concello, aínda que tamén poderán participar persoas doutros concellos ou de idades diferentes no caso de que quedasen prazas vacantes.
As actividades formativas terán unha duración de 40 horas e deberán contar cun mínimo de 15 alumnos e un máximo de 25. Serán impartidas por unha empresa especializada na materia, que se encargará de coordinar e avaliar ao alumnado o cal recibirá un diploma acreditativo trala execución óptima do curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario