Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 15 de abril de 2014

AC Fervenza da Barosa organiza en Barro clases de baile deportivo impartidas polos mestres do CGB BTroula.


  • Dirixidas a persoas de calquera idade e sexo, as clases terán lugar os martes en horario de 19 a 22 horas.
  • Os grupos estarán formados por nen@s ata 7 anos, de 7 a 13 anos e persoas maiores de 13 anos
  • As clases estarán impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis dirixido polo mestre Breogán Pérez.
  • Esta actividade organizada pola Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" na que colabora a ANPA do IES de Barro, surxe pola boa aceptación que tiveron as clases impartidas a finais de marzo nos centros de educación de Barro.
A AC Fervenza da Barosa organiza en Barro clases de baile deportivo nas que calquera persoa e de calquera idade poderá apuntarse aos grupos que se formarán. Esta actividade na que colabora a ANPA do IES de Barro, e que terá un custe de 15€ por persoa ao mes, terá lugar os martes entre as 19 e as 22 horas en San Antoniño, Barro, cos seguintes horarios e grupos:
Nen@s ata 7 anos de 19:00 a 20:00 horas
Nen@s de 7 a 13 anos de 20:00 a 21:00 horas
Persoas de máis de 13 anos de 21:00 a 22 horas.
As clases estarán impartidas polos mestres do Clube Galego de Baile, BTroula de Meis, que está dirixido por Breogán Pérez. A finais do mes de marzo, e como actividade do programa de divulgación de actividades do " I TROFEO VAL DO SALNÉS" que se celebrará o día 4 de maio, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis e a Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro máis de 300 rapaces e rapaces do concello participaron nas clases gratuitas que se impartiron no CEIP "Amor Ruibal" e no IES de Barro.

As persoas interesadas nestas clases poden contactar nos teléfonos 615.437.823 ou 625.212.196 ou tamén nos teléfonos da AC Fervenza da Barosa ou no mail fervenzadabarosa@gmail.com

O baile deportivo xa congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e máis de 1500 asistentes no  pasado "I Trofeo AC Fervenza da Barosa" de baile deportivo. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario