Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 4 de abril de 2014

ELENA COLMEIRO, PLAY-DOC, O CONCELLO DE BARRO E AS BANDAS DE MÚSICA DE MEAÑO E LANTAÑO, GAÑADORAS DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA


Dotados con 6.000 euros cada un
·       Os galardóns recoñecen o labor de creación e difusión cultural de artistas e entidades da provincia
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a concesión dos Premios Provinciais á Cultura 2013, cos que esta institución quere recoñecer a aquelas persoas e entidades que cada ano contribúen a enriquecer e fortalecer o patrimonio cultural e artístico da provincia.
Entre os galardoados nesta edición figura a escultora e ceramista Elena Colmeiro González, a quen a institución provincial premia toda unha carreira profesional no mundo da arte, que a levou a ser recoñecida desde os seus inicios como unha da mellores ceramistas de España. As súas obras teñen presenza en numerosos museos e coleccións públicas e privadas de España, Europa e América. Con tal motivo, a Deputación concédelle o premio provincial á traxectoria cultural.

Como mellor proxecto innovador ou vangardista, os Premios Provinciais á Cultura recoñecen o labor da Asociación Cultural pola Creación Artística Enfoques, coa porta en marcha do Festival Play-Doc, que este ano cumpre unha década de vida, sendo un referente no mundo do documental cinamatográfico. Trátase dun proxecto independente que achega ao público un cine esencial, ao tempo que crea un espazo para o diálogo e o intercambio de ideas. 

Pola súa banda, o Concello de Barro recibe o premio á protección do patrimonio público polo seu labor de recuperación e posta en valor do espazo natural do parque da natureza Río Barosa, conseguindo a reparación dos muíños de auga e o patrimonio etnográfico e artesanal.

Finalmente, o premio Diosiño, dotado igual que os anteriores con 6.000 euros, recaerá ex aequo na Asociación Cultural Unión Musical de Meaño, polo labor musical que leva a cabo desde o ano 1830, o que a converte nunha das máis antiga de Galicia; e a Banda de Música La Unión de Lantaño polo seu labor de integración, difusión e desenvolvemento da música que leva a cabo no Concello de Portas dende o ano 1870.

No hay comentarios:

Publicar un comentario