Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 10 de abril de 2014

La Xunta subvencionará la luz a quien cobre menos de 532 euros y tenga cargas familiares



Garante o esforzo da Xunta para solucionar os problemas derivados da “frívola” política enerxética deixada polo Goberno do PSOE, e refírese ao Plan da biomasa que permitirá a implantación de 1.000 caldeiras e do que poderán beneficiarse 35.000 galegos, cun aforro dun 60% e un 40% con respecto aos prezos do fuel oil ou do gas

No eido do Benestar, destaca a posta en marcha, no mes de maio, dun programa dotado con tres millóns de euros dirixido ás entidades locais para integrar laboralmente a máis de 500 persoas que cobran a Risga

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que as familias con ingresos inferiores ao Iprem e con cargas familiares terán acceso a un tícket enerxético para rebaixar a súa factura eléctrica. “Esa é a diferenza entre un goberno solidario e un goberno frívolo”, asegurou Feijóo, logo de destacar o esforzo do Goberno central para resolver os problemas da “frívola” política enerxética deixada polo Goberno do PSOE en Madrid, cun déficit nas tarifas eléctricas de 26.000 millóns de euros.
En resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios no pleno da Cámara galega, Feijóo garantiu o esforzo da Xunta para modificar ese escenario abrindo, por exemplo, 457 expedientes sancionadores –por tres millóns e medio de euros- ás compañías eléctricas que non facturan axeitadamente e adoptando decisións para diminuír a dependencia dos petróleos e a dependencia da luz eléctrica, a través dun Plan da biomasa que permitirá a implantación de 1.000 caldeiras e do que poderán beneficiarse 35.000 galegos, cun aforro dun 60% e un 40% con respecto aos prezos do fuel oil ou do gas.
Así mesmo, referiuse tamén á proposición non de lei para loitar contra a pobreza enerxética, proposición que foi rexeitada polos partidos da oposición.
Programa para integrar laboralmente as persoas que cobren a Risga
No eido das políticas de Benestar, o presidente da Xunta reiterou que manter o autogoberno e a solvencia da Comunidade está a permitir, a pesar da crise, blindar os servizos públicos. “Falamos de que hai 3.156 prazas máis en garderías infantís; de que hai 1.500 prazas máis en centros de día; un 18% máis de prazas de discapacidade e de alzhéimer; de que hai 60.000 alumnos aprendendo unha terceira lingua no sector público; de que temos un 45 % máis de prazas públicas de formación profesional; de que temos as taxas universitarias máis baixas de España; e de que hai menos lista de espera nas pataloxías urxentes hoxe que antes”, subliñou.

No que se refire ás axudas de emerxencia social, e en resposta a unha pregunta de AGE, Feijóo destacou o incremento dun 75 % do presuposto para a Risga, ademais de incrementarse un 54 % o número de persoas que están cobrando a renda de integración social. E adiantou a posta en marcha, no mes de maio, dun programa dotado con tres millóns de euros dirixido ás entidades locais para integrar laboralmente a máis de 500 persoas que

No hay comentarios:

Publicar un comentario