Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 15 de abril de 2014

O ORAL DISTRIBÚE EN TODAS AS SÚAS OFICINAS UNHA GUÍA DO CONTRIBUÍNTE, CON DATOS E INFORMACIÓN ÚTIL PARA OS USUARIOS




Inclúe o calendario fiscal así como os distintos servizos do ORAL e impresos necesarios para adherirse a eles, entre outros datos
A Deputación de Pontevedra comezou a distribuír nas diferentes oficinas do ORAL da provincia unha guía do contribuínte coa que pretende facilitarlle aos usuarios información útil sobre os servizos deste departamento da administración provincial, ao que están adheridos na actualidade 54 dos 62 concellos da provincia.
A guía recolle os distintos servizos do ORAL, o calendario fiscal, o funcionamento da Oficina Virtual así como impresos para solicitar a domiciliación bancaria dos recibos ou para adherirse ao servizo de avisos a través de SMS, mediante o cal poden recibir información de interese como prazos de pagamento, comunicacións de devolución dos recibos…
Tamén se inclúe un apartado con información de horarios, oficinas ou atención ao contribuínte.
A guía estará á disposición dos interesados tanto nos diferentes servizos do ORAL na súa sede central de Pontevedra (recadación, xestión catastral e rexistro), como en todas as oficinas periféricas, situadas en Arbo, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Cañiza, Crecente, O Covelo, A Estrada, Lalín, Moaña, As Neves, Ponteareas, Ponte Caldelas,  O Porriño, Nigrán, O Rosal, Sanxenxo, Tomiño, Tui e Vilanova de Arousa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario