Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 27 de mayo de 2014

ALCALDES DE 12 CONCELLOS, A DEPUTACIÓN E TURISMO CONSTITÚEN UNHA MESA DE TRABALLO PERMANENTE PARA POTENCIAR O CAMIÑO PORTUGUÉS CUN PLAN DE ACCESIBILIDADE E OUTROS DE LIMPEZA, SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL



·       Esta ruta xacobea foi utilizada por 50.000 peregrinos no 2013, cifra que constitúe o 20% de todos os camiños.
·       Só conta con 441 prazas nos seus albergues polo que Louzán invita a sumarse á iniciativa privada

Alcaldes de 12 concellos por onde pasa o Camiño Portugués, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores, e técnicos da Xunta e da institución provincial acordaron hoxe constituir unha Mesa de Traballo permanente para potenciar esta ruta xacobea que xa acadou no ano 2013 os 50.000 peregrinos.

Así o acordaron hoxe nunha xuntanza que tivo lugar na Deputación de Pontevedra que será a sede da devandita Mesa de Traballo á que se incorporarán, en próximas reunións, o xefe de Patrimonio da Xunta na provincia, para delimitar os tramos, e un representante da iniciativa privada. A Mesa se reunirá tres veces ao ano.

O Camiño Portugués foi utilizado por máis de 50.000 peregrinos ao longo do ano 2013 dos que perto dun 52% eran estranxeiros. A cifra representa o 20% dos usuarios de todos os Camiños Xacobeos polos que, o ano pasado, pasaron 215.000 peregrinos. O Camiño Portugués conta con 441 plazas nos albergues <a todas luces insuficientes, polo que sería bó que se sumáse a esta Mesa a iniciativa privada>, dixo Louzán.

Financiación e brigadas
Os reunidos hoxe na Deputación acordaron levar a cabo un Plan de Accesibilidade no Camiño para o que contratarán un proxecto a unha consultora e, en función del, determinar a cuantía da inversión para o que <a Deputación tén disponibilidade presupuestaria> según informou Louzán.

Outros dos acordos acadados foron realizar obras de mellora da seguridade vial no Camiño en vista dalgúns accidentes acaecidos recentemente en cruces e puntos concretos do tramo. Para esto Louzán lembrou que, ademáis das 800 prazas de traballo convocadas pola Deputación para que os concellos leven a cabo obras municipais, designaránse outras 200 para constituir 4 ou 5 brigadas que melloren a seguridade no Camiño.

Estas brigadas levarán a cabo tamén obras de limpeza e sinalización en coordinación coa Deputación e a Mesa de Traballo constituida hoxe.
Nava Castro suliñou que o Camiño <é a imaxe internacional de Galicia e conta con miles de seguidores e centos de asociacións no mundo polo que representa un potencial turístico, económico, social e espiritual que hai que coidar e potenciar>.

Prolongación a Lisboa e Faro
Pola súa banda, Louzán anunciou que, dentro dos plans futuros do Camiño e de cara ao Ano Xacobeo de 2021, estáse a estudiar a prolongación do Camiño Portugués ata Lisboa e Faro. Indicou tamén que a Xunta e a Deputación xa investiron 300.000 € no tramo pola provincia, obras que serán visitadas en breve.

Os concellos da provincia polos que pasa o Camiño Portugués son os de Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures.

Os datos do mes de abril
No pasado mes de abril, o Camiño Portugués consolidouse como a segunda ruta xacobea, tralo Francés. Tivo 3.552 peregrinos (120 diarios) e 5.384 pernoctacións, frente aos 11.383 usuarios  e 16.921 pernoctacións do Francés. Neste mes de abril, recibiron a <Compostela> 17.348 peregrinos (8.246 españoles e 9.102 estranxeiros).

En abril, os Camiños mais transitados foron o Francés e o Portugués. O Francés foi elixido por 11.383 peregrinos, o que supón o 65,62%. O Portugués foi escollido por 3.552 peregrinos o que supón que ten un peso do 20,47% sobre o total.

O restos dos Camiños foron seguidos polos seguintes peregrinos:  Vía da Prata: 799 (4,61%); Camiño Norte: 593 (3,42%); Camiño Inglés: 509 (2,93%); Camiño Primitivo:466 (2,69%); Camiño Muxia-Fisterra cara Santiago: 29 (0,17%) e Outros Camiños: 17 (0,10%).
A ocupación dos albergues públicos integrados na Rede de Albergues da S.A. de Xestión do Plan Xacobea foi de 29.653 pernoctacións no mes de abril pasado (delas no Camiño Francés foron 16.921 pernoctacións e no Portugués 5.348 pernoctacións).

No hay comentarios:

Publicar un comentario