Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 3 de mayo de 2014

O CAAN DENUNCIA O ELEVADO ABANDONO DE CADELAS COAS SÚAS CAMADAS DURANTE ESTAS SEMANAS



Só no mes de abril, chegaron ao centro 24 cachorros e 2 cadelas preñadas

·        As posibilidades de supervivencia de nais e cachorros sen ningún tipo de protección redúcense notablemente
·        Os veterinarios do CAAN animan aos propietarios de animais a esterilizar ás femias, para evitar estes abandonos
O Centro de Acollida de Animais Abandonados de Armenteira (CAAN), dependente da Deputación, está a rexistrar nestes días un notable incremento do abandono de cadelas preñadas ou recén paridas, coas súas camadas, algo que pon en serio risco tanto a supervivencia dos cachorros como das propias nais.

Só nos mes de abril chegaron ao centro 5 cadelas coas súas camadas, outras 2 preñadas e 24 cachorros que foran abandonados.

Estas nais, xunto coas súas crías, están a ser atendidas polos veterinarios do centro en dependencias illados dos demais animais adultos e de calquera outra fonte de patóxenos, co obxectivo de evitarlle enfermidades nun momento no que son especialmente sensibles. 

Todos eles están a recibir unha alimentación adaptada ás súas necesidades, e procedeuse á súa desparasitación e vacinación, co obxectivo de facilitar a supervivencia.

Necesaria esterilización
Os responsables do centro subliñan que estes abandonos son “demasiado frecuentes” nestas datas e veñen motivados porque os propietarios dos animais non desexan máis mascotas e optan por desfacerse delas da peor maneira posible.

O máis frecuente é que se abandone á cadela coa intención de evitar que paira no domicilio ou ben as camadas de cachorros.

Para poñer freo a esta situación, o servizo provincial de acollida de animais está a facer especial fincapé nas súas campañas de concienciación na necesidade de esterilizar ás femias, xa que así se evitarían embarazos non desexados e os consecuentes abandonos dos animais no peor momento, cando acabar de ser nais ou están a punto de selo e precisan de toda a dedicación posible, ao igual que cando o que se abandonan son os cachorros acabados de nacer.

Neste sentido, os veterinarios do centro inciden en que se habitualmente o abandono dos animais domésticos, que dependen das persoas para súa supervivencia, xa supón importantes consecuencias sobre a saúde e o benestar dos mesmos, cando se trata de cachorros acentúanse as repercusións xa que non son capaces de regular a súa temperatura corporal, de acceder ao alimento e en definitiva de valerse por si mesmos.
O mesmo ocorre cando se trata de nais, que se ven desprotexidas xusto cando as súas necesidades alimentarias aumentan notablemente para poder alimentar aos cachorros.

Calquera persoa interesada en adoptar un destes cachorros poderá visitar o centro, consultar a páxina web (www.caan.depo.es) ou chamar por teléfono ao 608 975 326, onde será puntualmente informada.
A adopción non supón ningún custe para o interesado e os animais son entregados aos seus novos propietarios desparasitados, vacinados e identificados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario