Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 17 de mayo de 2014

O colexio Amor Ruibal de Barro entrega o día 21 o seu premio MIMI






O CEIP Amor Ruibal de Barro entregará o próximo mércores día 21 o Premio MIMI que recaeu nesta sexta edición na cantautora María Xosé Silvar "SÉS" (A Coruña, 1983). O galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. A candidatura de SÉS foi proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Barro e impúxose ás outras cinco. O acto será ás 12 horas na biblioteca de Barro.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/05/17/o-colexio-amor-ruibal-barro/1025037.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario