Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 17 de mayo de 2014

Voz de Barro celebra o Día das Letras Galegas adicado a Xosé María Díaz Castro



Fillo de Isidro Díaz Calvo, escribente do concello de Trasparga,[1] e María Manuela Castro López, terceiro de catro irmáns (Antonio, María e Serafín), Xosé María naceu no seo dunha familia labrega. En 1929 ingresou no Seminario de Mondoñedo, onde coñeceu a Aquilino Iglesia Alvariño.
Foi chamado a filas pola súa quinta, destinado ao corpo de sanidade militar na Coruña como padioleiro e practicante. Na Guerra Civil, tras unha semana na fronte de Asturias, pasou destinado á clínica militar do Hospital de Pontevedra.
Díaz Castro, casa.JPG
Casa natal no Vilariño dos Cregos.
Casa natal no Vilariño dos Cregos.

No ano 1939 volveu ó seminario, porén o abandona de contado. Iglesia Alvaríño contou coa súa colaboración como profesor no Colexio León XIII, de Vilagarcía de Arousa, do que o de Abadín era o director.
Abandonados os estudos eclesiásticos fixo o bacharelato, acadando o título en 1945, e logo licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca,[3] especializándose en linguas modernas.[4] En 1948 trasladouse a Madrid, onde traballou como tradutor para organismos oficiais e privados, entre eles primeiramente o Ministerio de Gobernación, en asuntos de seguridade e intelixencia. Despois exerceu a docencia como profesor de linguas clásicas e modernas. Traballou no Consello Superior de Investigacións Científicas,[5] onde acadou o posto de xefe do Servizo de Información e Documentación do Instituto do Frío. No Instituto de Cultura Hispánica estivo ata 1966, encargado de servizos de tradución de francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas.
Pepe do Vilariño chegou a establecer contacto con Ramón Piñeiro e Carballo Calero e en Madrid con Dionisio Ridruejo, pero non era o seu lado forte, precisamente, as relacións cos demais.
Seminario de Mondoñedo, onde estudou sete anos.
O 10 de agosto de 1954 casou con María Teresa Zubizarreta Bengoechea, natural de Urretxu (Guipúscoa), con quen tivo tres fillos, José Mari, Maite e Íñigo, todos eles nados, tamén, en Urretxu.

Obra

Díaz Castro publicou os seus primeiros versos ós dezasete anos na revista Lluvia de rosas de Tarragona, pero foi a súa entrada no seminario, e o contacto con Aquilino Iglesia Alvariño, o que exerceu un estímulo decisivo na súa promoción como escritor e para comezar a escribir en galego [7], publicando en El Progreso Villalbés o 6 de agosto de 1931 os seus primeiros versos en galego [8], Lembranzas e sospiros. Logo saíron Baix'o o calor (14/10/31), Lá vou, amor (22/01/32), As formigas (28/06/32), Era un contiño de fadas (8/8/32), e posteriormente escribiu dous cadernos de poesía, tamén en galego, Follas verdes en 1934 e Follas ô aire, que inclúe versos de 1932 a 1935, que finalmente quedaron inéditos. Tamén publicou poemas en Vallibria, Mundo de Ahora e Perla del Calvario.[9]
Logo da Guerra Civil continuou compoñendo. O 16 de agosto de 1946 foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos polo poema El Cántico de la Ciudad en castelán, e por Nascida d'un soño (tres sonetos) en galego.[10] Volveron saír poemas seus en galego en publicacións como La Noche, Cartel, Sonata Gallega, Alba ou Ínsula.
En calisquera caso, a poesía de Díaz Castro é unha das máis representativas do noso tempo, que sendo fondamente galega polo esprito que a informa, resulta universal pola altura e a verdade que encerra.
F. del Riego[4]
Francisco Fernández del Riego inclúeo na súa Escolma da poesía Galega, IV, Os Contemporáneos, publicada por Galaxia en Vigo en 1955, representado por sete poemas. En revistas e xornais diversos viron a luz outros poemas e artigos del en castelán e en galego, coñecéndose arredor de 200 [11] poemas escritos en galego polo autor.

Nimbos

Artigos principais: Nimbos e Penélope (poema).
Con todo, Díaz Castro está considerado autor dunha soa obra,[12] o poemario Nimbos,[13] editado en Vigo por Galaxia o 9 de xullo de 1961,[14] que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo. Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración do 36 a carón de poetas coma Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño. Na obra, que inclúe revisados os poemas que escolmara Fernández del Riego, móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza. Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, mais sen refugar á esperanza para a súa terra.
A voz poética de Díaz Castro apóiase nunha linguaxe rica e exacta, da que xurde a xusteza da imaxe e o fondo poder evocador que se desprende dos seus versos. Os temas, que aparecen sempre envoltos na roupaxe elegante dun clasicismo exemplar, son os da grande poesía universal: a dor do home, o amor, a paisaxe, os sentimentos relixiosos, a liberdade... Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.[15]

Outras obras


No hay comentarios:

Publicar un comentario