Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 20 de junio de 2014

A #BarroCervexaFest aprázase por motivos técnicos para a primeira quincena de xullo previsiblemente.




A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro, entidade organizadora do evento #BarroCervexaFest comunica que por motivos técnicos está obrigada a aprazar a data prevista para a súa celebración o vindeiro día 28 de Xuño.

A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro está xa a traballar nunha nova data, que previsiblemente será na primeira quincena de xullo, dependendo sempre da maior asistencia posible das fábricas de cervexa artesanal existentes en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario