Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 28 de junio de 2014

A DEPUTACIÓN ABRE UNHA LIÑA DE AXUDAS DE 365.000 € PARA QUE OS CONCELLOS GARANTAN A ATENCIÓN AOS MENORES EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL OU CON DIFICULTADES ALIMENTARIAS NOS MESES DE VERÁN



A Deputación de Pontevedra porá en marcha, de xeito inmediato, unha liña de axudas a concellos por un importe de 365.000 euros para garantizar a atención aos menores en risco de emerxencia social ou con dificultades alimentarias nos meses de verán.
A iniciativa foi presentada hoxe no pleno da Corporación Provincial por parte da deputada Marta Iglesias enmendando unha moción do PSOE que inicialmente demandaba para este fin 200.000 euros e posteriormente 2 millóns.
Marta Iglesias lembrou que a institución provincial inviste 26 millóns de euros na Cidade Infantil Principe Felipe para atender a 160 nenos nun  proxecto de integración social, a pesar de ser ésta unha competencia impropia da Deputación.
A deputada informou que este verán quedaránse na Cidade Infantil 60 nenos, una cifra moi superior á de outros anos.
Lembrou tamén que, no marco dunha partida de 2,2 millóns para atención social, a Deputación aporta 300.000 euros a 73 ONGs da provincia que traballan no eido da emerxencia social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario