Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 21 de junio de 2014

A DEPUTACIÓN ADXUDICA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL EN BARRO, CUN ORZAMENTO PRÓXIMO AOS 500.000 EUROS



A empresa Civis Global S.L. encargarase dos traballos

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta mañá a adxudicación a Civis Global S.L. das obras de construción dun campo de herba artificial no concello de Barro.
A obra conta cun orzamento de 494.354 euros e ben a dar resposta á demanda dos veciños e veciñas desta localidade de contar con instalacións deste tipo para a práctica do fútbol.
A obra consistirá na transformación do actual campo de terra nun campo de céspede artificial de última xeración. Así mesmo, o campo marcarase para un terreo de xogo de fútbol once e dous de fútbol sete, gañando así en funcionalidade e permitindo unha utilización máis intensiva.
As obras incluirán movemento de terras para adecuar o terreo, a construción ca base de asfalto necesaria para a instalación da herba sintética, a colocación desta e a dotación dun sistema de recollida de pluviais e dun sistema de rego para o campo.
Tamén se construirá unha grada aproveitando o noiro existente nun dos laterais do campo e instalaranse novas columnas de iluminación.
O perímetro do campo dotarase de redes recolle balóns e dun camiño pavimentado con asfalto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario