Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 26 de junio de 2014

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCARÁ AS NOVAS BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL NA PRIMEIRA SEMANA DE XULLO

Os interesados en facerse cunha destas bolsas poderán presentar as súas solicitudes ao longo do próximo mes

·       A Xunta de Goberno tamén aprobou a prórroga por 6 meses máis das 500 primeira bolsas concedidas para prácticas en empresas
A Deputación de Pontevedra convocará as novas bolsas de práctica laboral en empresas nos primeiros días de xullo. Así o anunciou esta mañá o presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, que subliñou que na semana próxima se procederá á selección definitiva das empresas e, unha vez pechada esta selección e coñecido o perfil dos bolseiros que demandan, se sacará a convocatoria para mozos e mozas titulados que desexen acollerse a esta iniciativa.
Os titulados universitarios e de formación profesional que desexen acollerse a esta convocatoria disporán de todo o mes de xullo para presentar as súas solicitudes. Deberán ter rematado os seus estudos despois do 1 de xaneiro de 2005, carecer de experiencia laboral previa na titulación na que van realizar as prácticas e non poderán ser beneficiarios na actualidade de ningún dos plans de práctica laboral postos en marcha pola Deputación.
Lista de empresas admitidas
Na vindeira semana farase pública a lista de empresas admitidas e excluídas deste plan, así como o número de bolsas que se lle concederá a cada unha.
Con estes datos, elaborarase a convocatoria para mozos e mozas titulados, tendo en conta as titulacións e perfís que demandan ás empresas.
O obxectivo é, segundo indicou o presidente da Deputación na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, que os aspirantes a estas bolsas dispoñan de practicamente un mes para a presentación de solicitudes, para realizar a posterior selección nos meses de xullo e principios de setembro e que “en setembro-outubro poidan estar traballando”.
Prórroga das 500 xa en marcha
Estas bolsas sumaranse ás 500 xa concedidas no primeiro plan de práctica en empresas e que permitiu que outros tantos mozos e mozas comezasen a traballar o primeiro día hábil de xaneiro en diferentes empresas e entidades da provincia.
Esas bolsas, que remataban este 30 de xuño, foron prorrogadas pola Xunta de Goberno por outros seis meses, de forma que “eses 500 mozos e mozas van traballar ata final de ano e agardamos que de aí saia a súa continuidade no mercado laboral, ben na mesma empresa ben noutra na que poidan estar traballando”.
“Cumprimos cos que están –asegurou Rafael Louzán– e dámoslle unha nova oportunidade aos que poidan vir” coa nova convocatoria de prazas que se abrirá agora.
O titular da deputación cualificou estes plans como “moi necesarios, porque son moitas as persoas con formación que non teñen esa primeira oportunidade laboral”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario