Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 8 de junio de 2014

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INVISTE 1 MILLÓN DE EUROS EN SEIS PROGRAMAS DE PARTICIPACIÓN SOCIAL NOS QUE O ANO PASADO TOMARON PARTE 35.630 PERSONAS E SE IMPARTIRON 619 CURSOS.



A Deputación de Pontevedra presentou seis programas de Participación Social para este ano de 2014 que contan cun presuposto para o seu desenvolvemento de 1.064.700 euros. Os programas presentados son os de Pensa en Ti (mulleres), Ti tamén contas (maiores), Coidarte e Saúde e Benestar (pensionistas e personas con necesidade de respiro familiar), Actívate (xoves) e Coñece a túa provincia (entidades de iniciativa social).
A deputada Marta Iglesias informou en rolda de prensa que o  pasado ano de 2013 participaron nestes mesmos programas un total de 35.630 personas e impartironse 619 cursos.

Pensa en ti vai dirixido a asociacións de mulleres e entidades que traballan na mesma área. Busca fomentar e mellorar a  calidade de vida das personas, favorecendo as súas relacións sociais e a participación no seu entorno, evitando situacións de illamento e soidade. Imparte talleres de 30 horas repartidas en dúas horas á semana e cada entidads poderá escoller un taller do catálogo ofertado. Tén un presuposto de 329.000 €. O prazo para asociacións xa está rematado e xa foi aprobada a solicitude de participación de 397 asociacións. Para personas non asociadas interesadas en participar nos talleres o prazo remata o 22 de agosto, sempre que haxa prazas. A Deputación subvenciona docentes, materiais, seguros, etc. e os participantes deben abonar 6 euros cada un. No 2013 participaron en Pensa en Ti 5.367 personas nos seus  352 talleres.

O programa Ti tamén contas é para asociacións de maiores. Os seus obxectivos son similares aos de Pensa en Ti. Ofrece talleres de 30 horas repartidos en dúas horas á semana. O seu presuposto é de 200.000 € e foi aprobada a solicitude de 211 asociacións. As personas non asociadas que desexen participar poden solicitalo ata o 22 de agosto, sempre que haxa prazas vacantes. A Deputación tamén subvenciona docentes, materiais, seguros, etc e os participantes abonan 6 euros por persona. No 2013 participaron 3.193 personas, con  197 talleres

O programa Coidarte tén como beneficiarios a pensionistas, xentes con  necesidade de respiro familiar ou nacidos antes de 1964. Busca fomentar e mellorar a calidade de vida das personas e tamén impulsar a creación e mantemento dol emprego no sector turístico en temporada baixa. Os participantes disfrutarán de cinco tardes (de luns a venres) no balneario seleccionado, facendo uso das súas instalacións perante perante unha media de dúas horas cada día. Coidarte tén un presuposto de 105.000 € para 3.000 prazas. Os prazos para optar a él son do 3 ao 3 de xuño para que se adhiran os concellos, e do 24 de xuño ao 23 de xullo para as solicitudes dos participantes. A Deputación subvenciona 35 euros por praza, os concellos adheridos 10 euros por praza e o resto, a cargo dos participantes. Os  balnearios nos que se desenvolverá Coidarte son os de Termas de Cuntis (71 €),  Hesperia Illa da Toxa (70 €), Mondariz (67 €), Talaso Atlántico de Oia (64 €), Talaso Spa Moaña (50 €), Spa Norat do Grove (30 €) e Spa Torre do Deza de Lalín (19 euros). O ano pasado participaron neste programa 1.519 personas

Saúde e Benestar tamén é para pensionistas, necesitados de respiro familiar ou nacidos antes de 1964. Tén similares obxectivos que o anterior e ofrece unha estanza de seis días e cinco noites nun spa ou talaso en réxime de pensión completa,  uso de instalacións termais e actividades de animación, revisión médica, excursións, etc. O seu presuposto é de 90.000 € (3.000 plazas). Os prazos de solicitude dos participantes son do 3 de xuño ata o 2 de xullo. A Deputación subvenciona con 30 euros a praza. Os establecementos termais participantes son Talaso Louxo a Toxa (215 €), Balneario Hesperia Illa da Toxa ( 210 €), Talaso Atlántico de Oia: 205 €, Gran Talaso de Sanxenxo: 205 €, Spa Carlos I de Sanxenxo: 195 €, Spa Oca Galatea de Sanxenxo: 190 €, Spa Norat do Grove: 170 €, Spa Via Argentum de Silleda: 155 €, Spa Nanin Playa de Sanxenxo: 155 €. O ano pasado participaron un total de 2.403 personas

O programa Actívate é para xoves de 16 a 35 años de idade. Propón actividades formativas e educativas no ámbeto do ocio e o tempo libre que sexan de interés xuvenil e respondan ás demandas dos xoves, potenciando movimentos de participación e cooperación social, mellora da formación básica, espazos de encontró e intercambio. Ofrece talleres de 40 horas repartidas en dúas horas á semana e cada concello poderá escoller un curso do catálogo ofertado. Tén un presuposto de 102.200 euros. Os concellos poden adherirse ata o  16 de xuño e os solicitantes, antes do 15 de setembro. A Deputación subvenciona a totalidade do taller. O ano pasado participaron 1.148 personas e desenvolveronse 70 cursos.

Finalmente, Coñece a túa provincia vai destinado a entidades de iniciativa social da provincia. Oferta un mínimo de doce rutas referidas a lugares emblemáticos da provincia. Inclúe  traslado en autocar de ida e volta dende os concellos, a visita guiada por un guía de turismo especializado e a comida.  Tén un presuposto de 238.500 euros e está pendente de abrirse a convocatoria. No ano 2013 participaron 22.000 personas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario