Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 3 de junio de 2014

A DEPUTACIÓN OFERTA 6.000 PRAZAS EN BALNEARIOS NO MARCO DOS PROGRAMAS COIDARTE E SAÚDE E BENESTAR



Están dirixidas a persoas maiores de 50 anos, pensionistas e a aquelas que precisen dun respiro familiar

·       Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no prazo de 30 días a contar dende hoxe
A Deputación de Pontevedra oferta 6.000 prazas en establecementos termais da provincia no marco dos programas Saúde e Benestar e Coidarte, a razón de 3.000 prazas en cada un.
Así se recolle no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, onde se publican as bases dos dous programas, os prazos para a presentación de solicitudes, que estará aberto no prazo dun mes, a contar dende hoxe, así como os balnearios incluídos no programa e o prezo de cada un.
O obxectivo destes programas é, por un lado, ofrecer oportunidades de lecer e de coidado da saúde a prezos reducidos ás persoas maiores e, por outro, contribuír á desestacionalización do turismo e, en consecuencia, ao mantemento do emprego nos establecementos termais durante a temporada baixa.
Tanto en Coidarte como en Saúde e Benestar, poderán ser beneficiarios dos programas as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra de máis de 50, pensionistas e aquelas que se dediquen ao coidado de persoas dependentes e precisen dun respiro familiar.
No caso do programa Saúde e Benestar, que xestionará Viajes El Corte Inglés, tal  e como acordou na Xunta de Goberno do pasado venres, os beneficiarios poderán disfrutar de seis días e cinco noites nun dos 9 hoteis ofertados, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural. O prezo das estadías está subvencionado con 30 euros por praza por parte da Deputación.
Os establecementos termais incluídos neste programa son os seguintes:
ESTABECEMENTO
PREZO PRAZA (descontada a achega da Deputación)
Spa Nanin Playa Sanxenxo
155 euros
Spa Via Argentum Silleda
155 euros
Spa Norat O Grove
170 euros
Spa Oca Galatea Sanxenxo
190 euros
Spa Carlos I Sanxenxo
195 euros
Gran Talaso de Sanxenxo
205 euros
Talaso Atlántico de Oia
205 euros
Balneario Hesperia Illa da Toxa
210 euros
Talaso Louxo A Toxa
215 euros

Pola súa banda, o programa Coidarte, que xestionará Halcón Viajes, permitirá que as persoas ás que vai destinado o plan poidan disfrutar de 5 tardes, de luns a venres, nun dos 7 balnearios, talaso ou spa da provincia que se ofertan, a prezos reducidos e contando, ademais, con transporte diario de ida e volta entre o seu concello de residencia e o establecemento hoteleiro elixido.
Neste caso, a Deputación subvenciona con 35 euros o prezo de cada praza e os concellos que se adhiran ao programa achegarán outros 10 euros. No entanto aquelas persoas da provincia que desexen participar neste programa e o seu concello non se adherise ao mesmo, poderán facelo tamén, aínda que, neste caso, non disporán da achega municipal.
Os establecementos incluídos neste programa son:
ESTABLECEMENTO
PREZO (con subvención deputación e Concello)
PREZO (subvencion Deputación)
Balneario Termas de Cuntis
71 euros
81 euros
Balneario Hesperia Illa da Toxa
70 euros
80 euros
Balneario de Mondariz
67 euros
77 euros
Talaso Atlántico de Oia
64 euros
74 euros
Talaso Spa Moaña
50 euros
60 euros
Spa Norat O Grove
30 euros
40 euros
Spa Torre do Deza Lalín
19 euros
29 euros

Tanto nun caso coma no outro, á hora de conceder a praza terán prioridade as persoas con pensións máis baixas e os de maior idade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario