Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 8 de junio de 2014

A XUNTA DE GALICIA PROMOVE 88 FUNCIÓNS ESCÉNICAS E CONCERTOS NOS 22 CONCELLOS PONTEVEDRESES DO CIRCUÍTO 'CULTURA NO CAMIÑO'




§      A Consellería de Cultura e Educación e Turismo de Galicia impulsan esta carteleira xunto con 81 municipios da rutas xacobeas e co patrocinio de Gadis, no marco da celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago
§       O delegado territorial da Xunta de Galicia, o director da Agadic e o xerente do Xacobeo presentaron hoxe as actividades desta segunda edición do programa na provincia de Pontevedra

A Xunta de Galicia desenvolve ata finais de setembro o programa 'Cultura no Camiño 2014', que na provincia de Pontevedra conta coa participación de 22 concellos para ofrecerlle ao público un total de 88 concertos e representacións escénicas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Turismo de Galicia organizan esta segunda edición do circuíto, en colaboración con 81 municipios das diferentes rutas xacobeas en Galicia e co patrocinio de Gadis, como parte das actividades conmemorativas do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.

A programación en Pontevedra foi presentada hoxe polo delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís; o director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil; e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela. Este ano a provincia incrementou notablemente a súa representación nesta iniciativa respecto da primeira edición, celebrada durante o mes de outubro de 2013 coa participación de 14 municipios que acolleron 23 citas escénicas e musicais.

Cinco meses de programación
O delegado territorial da Xunta ofreceu as cifras de ‘Cultura no Camiño 2014’ na provincia, onde arrancou o pasado 19 de abril e se prolongará ata o 27 de setembro. Durante estes cinco meses de actividade, un total de 61 formacións e artistas actuarán nos 22 municipios pontevedreses do circuíto para conformar unha ampla e heteroxénea oferta cultural: 37 funcións de teatro de actor, monicreques e narración oral, 23 sesións de maxia, dez de novo circo, unha de danza e 17 concertos. Ademais, destacou nesta programación a oferta especialmente dirixida ao público infantil e familiar, que supón un 60% do total das citas.

Segundo explicou, esta carteleira despregarase en oito concellos da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla (A Illa de Arousa, Cambados, Catoira, Meaño, O Grove, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa), outros oito do Camiño Portugués (Caldas de Reis, Mos, Pontecesures, Pontevedra, Portas, Redondela, Soutomaior e Tui), catro do Camiño Portugués-Costa (A Guarda, Baiona, Nigrán e O Rosal), un da Vía da Prata (Silleda) e outro do Camiño de Inverno (Rodeiro).

Así mesmo, Cores Tourís fixo fincapé en que a programación de ‘Cultura no Camiño’ na provincia de Pontevedra contribuirá á descentralización da oferta cultural e achegará os espectáculos e concertos a miles de espectadores, tanto aos peregrinos do Camiño Portugués como aos habitantes das vilas xacobeas, que son parte fundamental da acollida e da imaxe do noso destino.

Conservación, mantemento e promoción do Camiño
Na súa intervención, o xerente do Xacobeo asegurou que as actuacións para a conservación, mantemento e promoción do Camiño son fundamentais para a súa difusión e para incrementar o valor engadido da experiencia de ser peregrino en Galicia. “Hoxe estamos ante a presentación dunha acción promocional que incrementa a vertente cultural da experiencia. Un programa escénico que ademais está enmarcado na programación do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela”, afirmou.

Sánchez Bargiela lembrou, ademais, que o extenso programa turístico-cultural planificado con motivo desta efeméride inclúe acontecementos culturais, artísticos e sociais, así como actuacións relacionadas coa divulgación e coa investigación, así coma iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ao visitante.

Pola súa banda, o director da Agadic incidiu no esforzo organizativo e orzamentario de todas as entidades da Administración autonómica e local implicadas, grazas ao que é posible repetir esta experiecia por segundo ano consecutivo, así como duplicar o número de concellos inscritos e mesmo triplicar as actuacións celebradas durante a súa anterior edición. Neste mesmo sentido, agradeceu tamén a participación de Gadis no proxecto como empresa patrocinadora.

Financiamento
O financiamento deste programa realízase de xeito compartido entre a Xunta de Galicia e as administracións locais implicadas seguindo criterios de poboación. Así, para municipios de máis de 20.000 habitantes, a Consellería de Cultura e Educación e Turismo de Galicia achegan o 40 por cento dos cachés dos espectáculos, mentres que nos concellos de menos de 20.000 habitantes, a Administración autonómica asume a metade dos custos.

Jacobo Sutil ofreceu, ademais, os datos xerais de ‘Cultura no Camiño’ que, cun total de 81 municipios galegos inscritos en 2014, supón a vertebración dun extenso circuíto de distribución de producións escénicas e musicais galegas a través das localidades situados nas diferentes rutas xacobeas: Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Francés, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño de Inverno, Ruta Xacobea do Mar de Arousa-Río Ulla, Camiño Primitivo, Camiño do Norte e Vía da Prata.

As representacións e concertos que se están a desenvolver nos devanditos concellos pontevedreses forman parte, pois, dunha ampla carteleira de 322 actuacións protagonizadas por 134 compañías e artistas. Suman, en total, 159 representacións de teatro e danza, 74 de maxia, 60 actuacións musicais e 29 de novo circo.

En canto ao resto das provincias, na da Coruña 31 concellos acollen 116 actuacións, na de Lugo, 18 municipios levan aos escenarios un total de 80 representacións; e na de Ourense, 10 municipios ofrecen 38 concertos e funcións escénicas.

A programación actualizada pode consultarse na sección de axenda da páxina web da Agadic: http://www.agadic.info/Axenda

CULTURA NO CAMIÑO 2014 NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA


CONCELLO
LUGAR
DATA
HORA
ESPECTÁCULO
A Guarda
Salón de Actos do Centro Cultural
09/05/2014
20:30
Talía Teatro:
Bicos con lingua
A Guarda
Auditorio de San Bieito
29/06/2014
20:30
Tanxarina:
Titiricircus
A Guarda
Auditorio de San Bieito
14/08/2014
22:00
Fusionarte:
Ao ritmo da maxia
A Illa de Arousa
Complexo Sociocultural
25/04/2014
19:00
Magín Blanco:
A nena e o grilo
A Illa de Arousa
Complexo Sociocultural
19/07/2014
21:00
Tanxarina:
Os narigudos
A Illa de Arousa
Complexo Sociocultural
23/07/2014
21:30
Malvela:
Raianas
Baiona
Praza do Concello
12/07/2014
23:00
Os Contos de Joselín
Baiona
Praza do Concello
15/07/2014
23:00
Mago Rafa:
Momentos máxicos
Baiona
Praza do Concello
18/07/2014
23:00
Orquestra Os Modernos
Caldas de Reis
Praza das Palmeiras
04/07/2014
23:00
Troula Animación:
Errantes
Caldas de Reis
Praza do Camiño
05/07/2014
23:00
Vai:
Vai Quinteto
Caldas de Reis
Auditorio Municipal
18/07/2014
22:00
A Panadaría:
Pan! Pan!
Cambados
Pazo Torrado
31/05/2014
17:20
Animar-T:
A historia de Martín
Cambados
Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns
27/06/2014
21:23
María do Ceo:
Fado con outro acento
Cambados
Pazo de Torrado (xardíns)
29/08/2014
20:22
Mamá Cabra:
Patatín Patatán
Catoira
Edificio Multiusos
07/06/2014
20:00
Migallas Teatro:
Merenda con pan de millo
Catoira
Recinto das Torres de Oeste
03/08/2014
1:00
Troula Animación:
Errantes
Catoira
Praza do Concello
03/08/2014
20:00
Cé Orquestra Pantasma:
Home orquestra



CONCELLO
LUGAR
DATA
HORA
ESPECTÁCULO
Meaño
Casa da Cultura
12/05/2014
12:00
A Tropa de Trapo:
Antía, Wamba e o regato pequeno
Meaño
Centro Social de Dena
14/05/2014
16:50
Artestudio Teatro:
Feirantes
Meaño
Centro Social de Dena
17/05/2014
19:00
Migallas Teatro:
Vai ser boa!
Meaño
Praza do Concello
15/07/2014
11:30
Peter Punk:
Peter Punk
Meaño
Praza do Concello
04/08/2014
11:30
Mago Richard:
A ferradura máxica
Mos
Multiusos das Pozas de Petelos
01/06/2014
20:21
Malvela:
Raianas
Mos
Multiusos das Pozas de Petelos
14/06/2014
20:21
Moxenas Musical Galego:
Homenaxe a Nazario González
Mos
Multiusos das Pozas de Petelos
15/06/2014
20:21
Migallas Teatro:
Un avó especial
Nigrán
Salón de Actos do Concello
27/04/2014
18:30
EducaTeatro Producións:
Os tres porquiños
Nigrán
Salón de Actos do Concello
20/06/2014
21:00
Felipe Villar Trío
Nigrán
 Nigrán
04/07/2014
20:30
Dani García:
Don Gelati
Nigrán
 Nigrán
10/07/2014
20:30
Títeres Cascanueces:
O fillo do panadeiro
Nigrán
 Nigrán
12/08/2014
20:30
A Xanela do Maxín:
Titeremusicontos
O Grove
Almacén Vello nas Salgadeiras de Moreiras
30/08/2014
22:23
Claro que si:
Queimada folk
O Grove
Almacén Vello nas Salgadeiras de Moreiras
30/08/2014
23:24
Lorena Lores:
Galicia meiga
O Grove
Almacén Vello nas Salgadeiras de Moreiras
31/08/2014
13:14
Brincadeira Grupo de Baile e Música Tradicionais
O Grove
Almacén Vello nas Salgadeiras de Moreiras
31/08/2014
16:18
Carapaus:
Animación de rúa
O Rosal
Auditorio Municipal
25/05/2014
20:00
Barafunda:
Maxia branca (maxia clown)
O Rosal
Auditorio Municipal
14/06/2014
20:00
Hércules Brass Quinteto de Metais: Os superhércules
O Rosal
Auditorio Municipal
27/09/2014
22:00
Fulano Megano e Citano:
Viva a crise!



CONCELLO
LUGAR
DATA
HORA
ESPECTÁCULO
Pontecesures
A Plazuela
04/07/2014
22:00
Martín Camiña
Pontecesures
Praza dos Valeiros-Porto
20/08/2014
20:00
Creacións Máxicas Lirolai: Feitizo
Pontecesures
A Plazuela
05/09/2014
12:00
Seisdedos Títeres:
O paporrubio na granxa
Pontecesures
Centro Social
20/09/2014
21:00
Fulano Megano e Citano:
Viva a crise!
Pontevedra
Rúas do centro histórico
06/08/2014
21:00
Troula Animación:
A invasión pirata
Pontevedra
Praza do Teucro
11/08/2014
19:30
Os Tres Tenedores:
Ensalada de instrumentos
Pontevedra
Praza do Teucro
12/08/2014
19:30
A Tropa de Trapo:
Antía, Wamba e o regato pequeno
Pontevedra
Praza do Teucro
15/08/2014
19:30
Expresión Produccions:
Chapuzas a domicilio
Pontevedra
Praza do Teucro
16/08/2014
19:30
Javier Muro - Eventos Mágicos:
Fantasía máxica
Pontevedra
Praza do Teucro
17/08/2014
19:30
Seisdedos Títeres:
Cocer e cantar
Portas
Teleclube de Lantaño
27/04/2014
18:00
Ilusionista Pedro Volta:
Ilusionarte
Portas
Casa da Cultura de Porta de Conde
04/05/2014
18:00
Martin Andersen:
IlusionArte
Portas
Teleclube Romai
08/06/2014
19:00
A Illa dos Nenos:
Chapuzas a domicilio
Portas
Azucreira de Portas
20/07/2014
18:30
Pistacatro Produtora de Soños:
Petit Cabaré Pistacatro
Redondela
Xardíns da Alameda
19/06/2014
17:00
Pistacatro Produtora de Soños:
Up 2 Down
Redondela
Xardíns da Alameda
19/06/2014
18:00
Peter Punk:
Peor imposible
Redondela
Xardíns da Alameda
20/06/2014
17:00
Dani García:Don Gelati
Redondela
Xardíns da Alameda
20/06/2014
18:00
Barafunda:
Maxia branca (maxia clown)
Redondela
Xardíns da Alameda
01/08/2014
19:00
Cayetano Lledó:
O peregrino máxico
Redondela
Xardíns da Alameda
01/08/2014
19:00
Culturactiva:
Pistactiva - Combinado de Circo Galego
Redondela
Xardíns da Alameda
01/08/2014
19:00
Fusionarte:Ao ritmo da maxia



CONCELLO
LUGAR
DATA
HORA
ESPECTÁCULO
Ribadumia
Auditorio Municipal
19/04/2014
18:00
Teatro Avento:
Laranxus7
Ribadumia
Auditorio Municipal
20/04/2014
19:00
Martín Camiña:
Feitizo
Ribadumia
Auditorio Municipal
04/05/2014
19:00
Luís Zahera:
Chungo
Rodeiro
Auditorio Municipal. Casa da Cultura
23/05/2014
18:00
Hermanager Producións:
Kiriocreques
Rodeiro
Auditorio Municipal. Casa da Cultura
27/06/2014
18:00
A Illa dos Nenos:
A maleta viaxeira
Rodeiro
Auditorio Municipal. Casa da Cultura
11/07/2014
18:00
Fulano Megano e Citano:
Viva a crise!
Rodeiro
Auditorio Municipal. Casa da Cultura
25/07/2014
18:00
Dani García:
Don Gelati
Rodeiro
Auditorio Municipal. Casa da Cultura
22/08/2014
20:00
Malasombra Producións:
Go on!
Rodeiro
Auditorio Municipal. Casa da Cultura
05/09/2014
18:00
Martin Andersen:
IlusionArte
Sanxenxo
Praza dos Barcos. Porto Deportivo Juan Carlos I
19/07/2014
22:00
Ilusionista Pedro Volta:
Ilusionarte
Sanxenxo
Praza dos Barcos. Porto Deportivo Juan Carlos I
24/07/2014
22:30
Avelaíña
Sanxenxo
Praza dos Barcos. Porto Deportivo Juan Carlos I
02/08/2014
22:30
A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo: Sen medo!!!
Silleda
Siador
29/06/2014
20:30
Os Sete Magníficos + 1:
Dous pallasos en máis apuros
Silleda
Silleda
12/07/2014
18:00
Viravolta Títeres:
O frautista de Hamelín
Silleda
Bandeira
13/09/2014
21:00
Culturactiva:
Sede de mal
Soutomaior
Alameda Talo Río
28/06/2014
21:00
A Illa dos Nenos:
Maxia no Camiño
Soutomaior
Alameda Talo Río
13/07/2014
21:00
Compañia Asacocirco:
Casal en risco
Soutomaior
Alameda Talo Río
08/08/2014
21:00
Chrystyan Magic:
A casiña da maxia na rúa
Soutomaior
Alameda Talo Río
14/08/2014
21:00
Magín Blanco: A nena e o grilo
Soutomaior
Alameda Talo Río
22/08/2014
21:00
Os Tres Tenedores:
Cocido sinfónico



CONCELLO
LUGAR
DATA
HORA
ESPECTÁCULO
Tui
Paseo da Corredoira
17/05/2014
16:30
Seisdedos Títeres:
O paporrubio na granxa
Tui
Paseo da Corredoira
17/05/2014
19:00
Roi Sixto:
Roi O Cagabolas
Tui
Praza do Pracer
14/09/2014
13:00
Baobab Teatro:
Sesión de contos
Tui
Praza do Pracer
14/09/2014
17:00
Circo Expreso:
Un día de praia
Tui
Praza do Pracer
14/09/2014
19:00
Pesdelán:
Concerto baile
Vilanova de Arousa
Praza Xardín Umbrio
05/07/2014
22:00
A Illa dos Nenos:
Chapuzas a domicilio
Vilanova de Arousa
Praza do Xardin Umbrio
12/07/2014
22:00
Yuma El Malabarista:
Yuma El Malabarista
Vilanova de Arousa
Praza do Castro
02/08/2014
22:00
Banda artística de Merza:
Concerto de música española
Vilanova de Arousa
Praza do Xardín Umbrio
03/08/2014
22:15
Culturactiva:
Sede de mal



No hay comentarios:

Publicar un comentario