Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 12 de junio de 2014

ATA O 15 DE XUÑO, ESCULTORES MENORES DE 30 ANOS PODERÁN PRESENTAR TRABALLOS AO CERTAME FRANCISCO ASOREY QUE DESTINA 6.000 € PARA O PRIMEIRO PREMIO



·       As obras serán de tema libre, inéditas, realizadas en calquer material e non superiores a 120 centímetros de alto e 80 de longo e ancho
·       A Escola de Canteiros mostrará 55 pezas no Casal de Ferreirós a partires do vindeiro sábado
O vindeiro día 15 de xuño, domingo, remata o prazo aberto pola Asociación Cultural Francisco Asorey, de Cambados, para que artistas xoves, menores de 30 anos, poidan presentar unha obra escultórica da súa autoría ao I Certame de Escultura convocado pola citada asociación en colaboración coa Deputación de Pontevedra e outras entidades, e dotado cun premio de 6.000 euros.
Cada participante no certame _cuias bases pódense ver en www.franciscoasorey.es_ poderá presentar unha única obra escultórica, de tema libre, inédita, orixinal e non presentada a ningún outro certame, mostra ou exposición pública.
Material e dimensións
As obras poderán estar realizadas en calquer material _pedra, madeira, escaiola, barro, ferro, aceiro, etc._ e as súas dimensións non poderán ser superiores a 120 centímetros de alto, 80 de longo e 80 de ancho.
Os interesados en participar no concurso poderán inscribirse mediante soporte electrónico no enderezo antes citado. A inscrición deberá conter tres imaxes da peza en formato dixital e un currículo personal do autor cun máximo de 1.500 caracteres.
O premio do certame será de 6.000 euros e implica a exposición de traballos do autor perante un mes nunha sala de exposicións coa posibilidade de venda. Haberá tamén dous accésits.
O xurado estará formado por relevantes personalidades do mundo artístico e cultural e o fallo faráse público en Cambados o vindeiro 2 de xullo. A obra premiada pasará a ser propiedade da Asociación Cultural Francisco Asorey e poderá ser destinada a ornato público en espazos públicos ou  prazas da vila de Cambados.
A Escola de Canteiros no Casal de Ferreirós
Doutra banda, o vindeiro 14 de xullo será inaugurada unha exposición da Escola de Canteiros da Deputación no Casal de Ferreirós, en Poio. A mostra recollerá traballos de alumnos do periodo escolar 2013-2014 e estará aberta ata o vindeiro 26 de xuño.
En total, mostraránse 55 pezas, das que 29 son escaiolas policromadas e 26 de granito. Estarán distribuidas entre o exterior, a planta baixa e a alta do Casal de Ferreirós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario