Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 29 de junio de 2014

DEPUTACIÓN E MEDIO RURAL ASINARÁN UN CONVENIO PARA INVESTIR 5 MILLÓNS DE EUROS EN INFRAESTRUTURAS RURAIS



A Xunta de Goberno autorizou a sinatura do  acordo
A Deputación de Pontevedra e a Consellería de Medio Rural e do Mar asinarán nos próximos días un convenio de colaboración que vai permitir investir 5 millóns de euros en infraestruturas rurais nos concellos da provincia.
Así o anunciou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno na que se autorizou a sinatura deste acordo.
Louzán destacou a necesidade deste investimento incluído no Plan Estratéxico de Mellora de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM), financiado en gran parte con cargo aos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional e que a Administración provincial completa cunha achega de 528.164,13 euros.
As obras previstas céntranse fundamentalmente na mellora de camiños e pistas municipais no ámbito rural, así como noutros servizos básicos neste campo, como poden ser as redes de saneamento e abastecemento de auga. Actuacións que, segundo destacou o Rafael Louzán, resultan especialmente necesarias despois dun “duro inverno”, que provocou notables deterioracións na rede de camiños e infraestruturas rurais.
Ao abeiro do convenio que se asinará proximamente, a Deputación transferirá á Xunta os 528.164,13 euros comprometidos e será a administración autonómica a que se encargue da concesión das axudas aos concellos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario