Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 27 de junio de 2014

OFERTAS DE EMPREGO COMARCA DE PONTEVEDRA: TITULADOS DE 111 ESPECIALIDADES PODERÁN ACCEDER A MÁIS DE 400 PRAZAS DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS A PARTIR DO 7 DE XULLO.



A Deputación publica hoxe a lista de empresas admitidas no Plan de Práctica Laboral, así como o perfil dos bolseiros demandados

·       A licenciatura de Dirección e Administración de Empresas e os ciclos superiores de Administración e Finanzas e o de Xestión Comercial e Marketing son as titulacións máis demandadas
·       27 empresas solicitan bolseiros con amplos coñecementos de inglés, que terán que pasar unha proba específica de idiomas
Mozos e mozas titulados de 111 especialidades e sen experiencia laboral previa terán a partir do 7 de xullo unha nova oportunidade de acceder ao mercado de traballo a través das bolsas de Práctica Laboral que convoca a Deputación.
Así o anunciou esta mañá o presidente da institución, Rafael Louzán, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, na que informou da publicación, hoxe mesmo, da lista de empresas admitidas e excluídas deste Plan e do perfil de bolseiros que demandan.
Deste listado, que xa está colgado na páxina web www.depo.es/plan-de-practica-laboral-empresas-2014/empresas, despréndese que o perfil máis demandado polas empresas é o de licenciados ou graos en Administración e Dirección de Empresas (con 45 solicitudes), seguido dos ciclos superiores de Administración e Finanzas (39) e Xestión Comercial e Marketing (17).
Séguenlle as enxeñerías ou graos en Informática, no que se ofertarán 12 prazas, as mesmas que en Publicidade e Relacións Públicas. 11 bolsas ofertaranse para diplomados en Relacións Laborais ou en relacións Laborais e Recursos Humanos, e para o grao en Enxeñaría de Edificación ou Arquitectura Técnica.
8 empresas demandan arquitectos e 7 titulados de ciclo cuperior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e en Programación da Produción en Fabricación Mecánica ou en Produción por Mecanizado.
370 empresas seleccionadas
Das preto de 1.000 empresas que se presentaron para optar ao plan, foron seleccionadas 370, que recibirán 1, 2 ou 3 bolseiros en función do proxecto presentado.
Neste sentido, Rafael Louzán subliñou que, ante o récord de solicitudes recibido, priorizouse a “aquelas empresas con solvencia, con características determinadas que todos podemos coñecer que teñen garantía de futuro e estabilidade” de forma que os bolseiros poidan continuar nelas unha vez rematada a bolsa.
Das 370 seleccionadas, 284 son empresas que non participaron ou non foron beneficiarias do plan do ano anterior; 74 son empresas beneficiarias dun ou máis bolseiros do Plan de práctica laboral do ano 2013/2014 que contan cunha valoración positiva por parte da Comisión de Seguimento e 6  son colexios, cámaras, federacións, asociacións, fundacións ou similares que non contaron con bolseiros no anterior plan.
Proba específica de Inglés
27 das máis de 400 bolsas que se convocarán no marco deste Plan de Práctica Laboral incluirán unha proba específica de inglés, dado que as empresas demandan titulados que, ademais dos estudos requiridos, posúan dominio do inglés.
Tamén se realizará unha convocatoria separada das 4 prazas de ciclo superior en Dirección de Cociña que quedaron vacantes na primeira convocatoria para empresas do sector turístico. Neste caso, os titulados que desexen beneficiarse destas bolsas terán un prazo menos para presentar as súas solicitudes, dado que o obxectivo é que comecen as súas prácticas en empresas a mediados ou finais de xullo, coincidindo así coa tempada de máis actividade no sector no que van desenvolver a súa actividade profesional.
Os demais aspirantes disporán de practicamente todo o mes de xullo para realizar as súas solicitudes, de forma que o proceso de selección poida facerse en agosto e a bolsa comece a funcionar en setembro.
Comarca de Pontevedra
Pontevedra é, despois de Vigo, o concello no que radica o maior número de empresas que recibirán bolseiros.
En total, serán 75 os mozos e mozas titulados que realizarán prácticas en empresas radicadas na comarca de Pontevedra, dos cales 68 farano en 63 empresas da capital da provincia (5 destas empresas recibirán dous bolseiros e as restantes 58 recibirán un cada unha.
As 7 bolsas restantes distribuiranse entre os concellos de Poio, con 4 bolseiros para outras tantas empresas; Barro con 2 bolseiros noutras tantas empresas e un bolseiro para unha empresa de Cotobade.
(Adxúntase Listaxe de empresas e titulacións na comarca de Pontevedra)


EMPRESAS E TITULACIÓNS
RAZÓN SOCIAL
TITULACIÓNS ASIGNADAS
CONCELLO
Nº DE BECAS
ANDRES MENDEZ GONZALEZ (BUFETE DE ABOGADOS)
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
PONTEVEDRA
1
ARA NEGOCIOS S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
2
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
AUTOMOCIONES CATOIRA S.L.
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
POIO
1
CACTUS DIGITAL SL
ENXEÑERÍA/GRAO EN INFORMÁTICA
PONTEVEDRA
2
LICENCIATURA/GRAO EN PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS
CARPINTERÍA METÁLICA MOURIÑO Y BARREIRO SL
CICLO SUPERIOR EN CONSTRUCIÓNS METÁLICAS
PONTEVEDRA
1
CENEPO CONSULT,SLU
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
PONTEVEDRA
1
CENTRO DE FISIOTERAPIA FISIOLEREZ C.B.
DIPLOMATURA/GRAO EN FISIOTERAPIA
PONTEVEDRA
1
COLEGIO SAGRADO CORAZON DE JESUS
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
PONTEVEDRA
1
COMERCIAL EXTINTORES GALICIA, SL
ENXEÑERÍA INDUSTRIAL
PONTEVEDRA
1
D' RELAX
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
PONTEVEDRA
1
DENTASUR S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN ODONTOLOXÍA
PONTEVEDRA
1
DOMCOR, S. L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
PONTEVEDRA
1
EMDESFOR 2002, S.L.
ENXEÑERÍA DE MONTES
BARRO
1
EMPRENDE FUTURO SL
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
2
LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO
FARMACIA ABRIL GOMEZ JOSE LUIS
LICENCIATURA/GRAO EN FARMACIA
COTOBADE
1
FAUNA CLINICA VETERINARIA SLP
LICENCIATURA/GRAO EN VETERINARIA
PONTEVEDRA
1
FORMAGAL FORMACIÓN Y SERVICOS S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN PEDAGOXÍA
PONTEVEDRA
1
GABINETE EMPRESARIAL DE PONTEVEDRA, S.L.
DIPLOMATURA/GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS/RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS
PONTEVEDRA
1
GABINETE RIVAS,S.L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
PONTEVEDRA
1
GESCARPIN, S.L.
GRAO EN ENXEÑERÍA DE EDIFICACIÓN/ARQUITECTURA TÉCNICA
PONTEVEDRA
1
GESPYME GALAICA S.L.
DIPLOMATURA EN CIENCIAS EMPRESARIAIS
PONTEVEDRA
1
ICE IMAGINACIÓN, S.L.
CICLO SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA
PONTEVEDRA
1
IDADES SL
DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL
PONTEVEDRA
1
INVESTIMENTOS DO COTO, S.L.
DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN INFANTIL
PONTEVEDRA
2
DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA CON INGLÉS
JÁVEGA SÁNCHEZ S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
1
JM CORUJO ASESORES S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
1
LABORATORIO DENTAL PONTEVEDRA S.L.
CICLO SUPERIOR EN PRÓTESES DENTAIS
PONTEVEDRA
1
LOIS CARRERA ABOGADOS, S.L.P.
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
1
MACE 4 ASESORES S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
1
MANUEL OTERO MEIS (TIENDA MUEBLES)
CICLO SUPERIOR EN PROXECTOS E DIRECIÓN DE OBRAS DE DECORACIÓN
PONTEVEDRA
2
CICLO SUPERIOR EN PROXECTOS E DIRECIÓN DE OBRAS DE DECORACIÓN
MAPELNO S.A.
CICLO SUPERIOR EN DESEÑO E XESTIÓN DA PRODUCIÓN GRÁFICA
PONTEVEDRA
1
MARIA TERESA GOMEZ MORGADE (ESTUDIO DE ARQUITECTURA)
LICENCIATURA/GRAO EN ARQUITECTURA
PONTEVEDRA
1
MAURO LOMBA MARTINEZ (ARQUITECTURA)
LICENCIATURA/GRAO EN ARQUITECTURA
PONTEVEDRA
1
MISSION 2002, S.L.
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
PONTEVEDRA
1
MOLUSCOS RIAS GALLEGAS, S.A.
LICENCIATURA/GRAO EN BIOLOXÍA
PONTEVEDRA
1
MONTAJES Y SERVICIOS TECNICOS IMASON S.L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
PONTEVEDRA
1
MUGATRA, S.L.U.
DIPLOMATURA/GRAO EN ENFERMERÍA
PONTEVEDRA
1
OGANDO DURAN, SL
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
PONTEVEDRA
1
PARRULOS, S.L.
CICLO SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL
PONTEVEDRA
1
POLYDENT, S.L.
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
PONTEVEDRA
1
PONTEASESORES 2012, S.L.
DIPLOMATURA/GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS/RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS
PONTEVEDRA
1
PORTAS HOSTELERÍA, SLU (EL MUNDO DE SEPO- CC A BARCA)
CICLO SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA
POIO
1
PROFESIONAIS DA INNOVACION, XESTION EMPRESARIAL E FORMACION,S.L
DIPLOMATURA/GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS/RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS
PONTEVEDRA
1
PSN EDUCACIÓN Y FUTURO SA
DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN INFANTIL
PONTEVEDRA
1
REFORMAS Y SERV. INTEGRALES DE LA EDIFICACIÓN DEL NO, S.L.
GRAO EN ENXEÑERÍA DE EDIFICACIÓN/ARQUITECTURA TÉCNICA
PONTEVEDRA
1
SÁNCHEZ ABEIGÓN S.L.
DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN INFANTIL CON INGLÉS
PONTEVEDRA
1
SEK ATLÁNTICO, S.L.
CICLO SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL
POIO
1
SERVIZOS SOCIAIS A COMUNIDADE SL
DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL
PONTEVEDRA
1
SIGA 98 SA
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
1
SULARRE, S.A
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
1
TC GROUP ATÁNTICO SL
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
BARRO
1
VIAQUA, GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA S.A.U.
ENXEÑERÍA/GRAO EN ENXEÑERÍA QUÍMICA
PONTEVEDRA
1
VICTOR HERMO SANCHEZ (ESTUDIO DE ARQUITECTURA)
LICENCIATURA/GRAO EN ARQUITECTURA
PONTEVEDRA
1
ZONA NORTE GESTIÓN DE SALUD S.L.
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
PONTEVEDRA
1
ASELP ECONOMISTAS S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
2
LICENCIATURA EN FILOLOXÍA INGLESA/GRAO EN LINGUA E LITERATURA INGLESAS
CALYMA CALIDAD S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN BIOLOXÍA
PONTEVEDRA
1
DIGAFER S.A.
ENXEÑERÍA TÉCNICA INDUSTRIAL EN MECÁNICA
PONTEVEDRA
1
EBAM SALUD S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN PSICOLOXÍA
POIO
1
EFLOX SOFTWARE S.L.
ENXEÑERÍA/GRAO EN INFORMÁTICA
PONTEVEDRA
1
GALICONTROL S.A.
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
1
GESTORÍA FUENTES FERNÁNDEZ S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS
PONTEVEDRA
1
IDEA CONSULTORA RRHH S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN PEDAGOXÍA
PONTEVEDRA
1
IMOTION FACTORY, S.L.
ENXEÑERÍA/GRAO EN INFORMÁTICA
PONTEVEDRA
1
PEREGRINA GOURMET S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS
PONTEVEDRA
1
ROSALIA PUGA BARROS (TALENTO ESCUELA)
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
PONTEVEDRA
1
SACENDI, S.L.
LICENCIATURA/GRAO EN PSICOLOXÍA
PONTEVEDRA
1
SOLUCIONES CONCEPTUALES E INNOVACIÓN S.L.
ENXEÑERÍA TÉCNICA EN DESEÑO INDUSTRIAL/GRAO EN ENXEÑERÍA EN DESEÑO INDUSTRIAL E DESENVOLVEMENTO DO PRODUTO
PONTEVEDRA
1
SOREMAY BERGUER S.L.
DIPLOMATURA/GRAO EN ENFERMERÍA
PONTEVEDRA
1
ZONA DE NEGOCIOS PONTEVEDRA SL
DIPLOMATURA/GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS/RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS
PONTEVEDRA
1

No hay comentarios:

Publicar un comentario